CARRAL CELEBRA O VII TORNEO DE XADREZ DE VERÁN ESTE SÁBADO

A concellería de deportes espera uns 30 inscritos para esta competición xadrecística. 

Dentro da programación deportiva de verán, o Concello de Carral, organizará o “VII Torneo de Xadrez de verán”, que terá lugar o sábado 25 de agosto na Biblioteca Municipal.

A poucas horas de que termine a inscrición, son 28 os xogadores anotados neste clásico torneo estival. Os xadrecistas proveñen de toda a comarca; Carral, A Coruña, Cambre, Arteixo, Ordes, Betanzos, etc., destacando como dato importante o alto número de nenos e nenas que inscritos nesta edición.

O torneo constará de 7 roldas, en partidas rápidas de 10  min.+2 segundos de cadencia por xogador, divididos en 4 categorías (sub-10,  sub-14, absoluto e mellor local). Comezará ás 16.30  h e finalizará ao redor das 20.00  h, momento no que terá lugar a entrega de premios aos finalistas de cada categoría.

O obxectivo fundamental que se marca o ente municipal coa realización deste evento deportivo é o fomento do deporte entre toda a poboación, e máis concretamente deste deporte cada vez menos minoritario.

Para todos aqueles interesados poden informarse na Casa da Cultura de Carral, ou no teléfono 981 672 580 ou no e-mail deportes@carral.es.