Programa de emprego e formación subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e promovido polo Concello de Abegondo, Bergondo, Carral e Mesía. En breve procederase a seleccionar ao alumnado e docentes para realizar os cursos de Atencion sociosanitaria a persoas no domicilio e o de Atención sociosanitara a persoas dependentes en institucións sociais. Se estades interesados en participar nesta formación tedes esta semana para informarvos no Servizo municipal de emprego de cada un dos concellos mencionados.

Para participar como formadores das accións formativas será necesario ademáis de estar empadronado nun dos concellos promotores cumprir os requisitos dos certificados de profesionalidade:

http://traballo.xunta.es/…/Especia…/Modulos/SSCS0108.pdf

http://traballo.xunta.es/…/Especia…/Modulos/SSCS0208.pdf

Alumnado interesado ten que apuntarse na oficina de emprego no código 340 solicitando participar en Obradoiros de emprego.

Requisitos de participación: ter mínimo a ESO ou o nivel II de Competencias Clave e estar empadronado nun dos concellos promotores

Servizo de emprego de Carral 981613520.

Portada - capa Fotos para as mil historiasO Concello de Carral presentará o libro Fotos para as mil historias de Carral que recompila unhas 300 imaxes antigas do municipio e que formaron parte das exposicións itinerantes do mesmo nome.

O acto terá lugar o sábado 6 de xuño, no edificio social Toñito Espiñeira, ás 18:00 h. Nel intervirán o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, e o técnico municipal de Cultura, Carlos Lorenzo Pérez, que coordinou o novo libro. A publicación contou coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, editándose na súa imprenta.

O libro presenta imaxes desde 1879 ata os anos 70, con fotografías nas que se pode comprobar a transformación da paisaxe do municipio así como da súa sociedade. A publicación está dividida por temáticas: pazos, paisaxes, oficios, deportes, actos sociais e retratos. Todas as fotografías forman parte do Arquivo Fotográfico Municipal que se nutre de doazóns por parte de entidades e particulares. Na actualidade xa son unhas 60 persoas as que teñen cedido imaxes para este arquivo.

Ademais do libro en papel, o Concello de Carral porá a disposición a nova publicación nunha versión en pdf na páxina web municipal carral.es.

O libro distribuirase de balde. As persoas que desexen contar cun exemplar poderán solicitalo no acto de presentación ou posteriormente na Casa da Cultura.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral pon en marcha o campamento de tipo urbano chamado Soña, vive, crea! que ten por obxectivo fomentar a capacidade creativa dos participantes, aprendendo as principais técnicas dalgunhas disciplinas de creación cultural.Imaxe Soña Vive Crea.

As características da actividade son:

  • Datas: do 6 ao 17 de xullo
  • Horario: de 10:00 a 14:00 h.
  • Lugares de realización: Casa da Cultura, Centro de Formación Antón Fraguas e zonas exteriores do complexo municipal de Paleo.
  • Resumo do programa: introdución ao graffitti (6 horas), introdución ao modelado e escultura (12 horas), introdución á fotografía (8 horas), introdución á pintura en óleo (8 horas) e montaxe da exposición (4 horas).
  • Visitas ao museo MAC e ao obradoiro do escultor Francisco Escudero.
  • Participantes: entre 15 e 20 persoas nados entre 1999 e 2003.
  • Se contará cun monitor/a que coordinará e asistirá todas as actividades e monitores especializados en cada disciplina do campamento.
  • Prezo por participante: 75 €

As preinscricións realizaranse na Casa da Cultura ata o 20 de xuño, cubrindo a ficha que poden obter nas mesmas dependencias municipais ou descargándoa do blog http://culturacarral.blogaliza.org.

No caso de que o número de inscritos supere ao de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público na Casa do Concello o martes 23 de xuño, ás 10:00 h. Terán prioridade os empadroados en Carral. Os participantes aceptados deberán formalizar o pagamento da cota de inscrición entre o mércores 24 de xuño e o venres 26 de xuño.

Formulario de inscripción 2015

Os departamentos de Cultura, Educación e Deportes están preparando o acto que servirá de remate ao curso 2014-2015 das escolas municipais. O devandito acto consistirá en exhibicións dalgunhas das disciplinas que se impartiron no curso, que remata nun desfile no que tomará parte a totalidade do alumnado deste programa municipal. Será o alcalde, José Luis Fernández Mouriño, quen entregará os diplomas aos alumnos e alumnas. Xunto ao primeiro edil estarán as concelleiras de Cultura, Isabel López, de Educación, Florinda Duarte, e de Deportes, Diego Otero.

A clausura terá lugar mañá sábado 30 de maio, a partir das 17:00 h.

No curso que remata agora tomaron parte case 600 persoas de todas as idades en modalidades tan diversas como Fotografía, Fútbol, Informática ou Zumba. En total, se puxeron en marcha un total de 19 escolas.

Entre as novidades que comezaron no curso que agora remata, está a de Equitación, na que houbo unha salientable participación.

No eido das escolas deportivas débese destacar o bo papel realizado nas diversas competicións e exhibicións nas que participaron. Entre estas escolas hai que destacar o papel feito polas de Patinaxe, Ximnasia Rítmica, Judo e Fútbol.

Algunha das escolas culturais ofrecerán exposicións dos seus traballos. Entre elas a de Fotografía, que fará unha pequena exposición.

O programa de escolas deportivas, culturais e educativas é un dos máis importantes do Concello de Carral, tanto pola cantidade de persoas que toman parte nel como polos obxectivos que se perseguen ao poñelo en marcha. Entres eses obxectivos pódense salientar os de favorecer a adquisición de novos coñecementos, habilidades e destrezas, fomentar a creatividade e a práctica deportiva e propiciar alternativas para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

A organización do acto de clausura desexa advertir do peche do aparcamento do pavillón do Espiño durante a tarde do sábado e da necesidade de circular con precaución pola rúa de Paleo debido á alta afluencia de público que asiste a este evento.Clausura Escolas 13-14 - 038web

Portada libro O que precede a caída é brancoO alcalde José Luis Fernández Mouriño presidirá o acto de entrega do premio de poesía Concello de Carral, que terá lugar o venres 29 de maio na Casa da Cultura, ás 20:00 h.

No acto, no que tamén está prevista a asistencia do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, farase entrega do premio da 18ª edición do certame a Eva Veiga, que gañou co seu libro Soño e vértice. O premio consiste en 2000 euros e a publicación da obra por parte de Edicións Espiral Maior.

O mesmo acto servirá para presentar o libro que obtivo o premio no 2014, do que é autora Oriana Méndez e que se titula O que precede a caída é branco. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral na edición deste poemario, unha cooperación que se ven mantendo desde anteriores edicións do certame.

Ademais das autoras premiadas tamén estarán presentes o escritor e director de Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello e o crítico literario Fran Alonso. O acto pecharase coa actuación musical de Xoán Curiel.

O Concello de Carral agasallará aos asistentes co libro de Oriana Méndez.

O vindeiro xoves 21 de maio, na Biblioteca Pública Municipal, a compañía Elefante Elegante presentará “Lobo Bobo”, un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos, para escoitar as súas historias.

Destinado ó público infantil a partir de 3 anos.

Será o xoves 21 de maio, ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura).

Eva Veiga, coa súaVeiga_eva-web obra Soño e vértice resultou gañadora do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano.

O xurado escolleu esta obra pola intensidade simbólica da súa proposta poética, unida ao cultivo extremo dunha lírica que mantén en todo momento unha tensión entre o real e o onírico.

Eva Veiga (1961. Ombre-Pontedeume) é xornalista e poeta. En 1985 comeza a traballar na TVG onde desenvolverá unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo, na dirección e presentación de programas culturais. Un labor que lle valería algúns recoñecementos como o Premio Galicia de Comunicación. Xunto aos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez, forma parte do grupo poético-musical Ouriol.

Ten publicado relatos en revistas, xornais e obras colectivas, así como a guía sobre Compostela, Santiago. Cidade de peregrinación (2002). Xunto a Ánxeles Penas, escribe o libro Alfonso Costa, un exhaustivo estudio da vida e obra deste artista. Ten publicados os libros de poesía: Fuxidios (1992), Paisaxes do baleiro (1999), A pedra insomne (2002), A luz e as súas cicatrices (2006), Desconcerto (2006), Poemas do Eume (2009), A frecha azul do teixo (2010), Nesta hora imposible (2012) e A distancia do tambor (2014 – Premio Fiz Vergara Vilariño), publicación que acaba de recibir o premio da Asociación de escritores en lingua galega como mellor libro na modalidade de poesía.

O xurado do concurso estivo formado por Oriana Méndez, Miguel Anxo Fernán Vello e Nacho Alonso, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Isabel López Pérez, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez.

O premio de Carral está dotado con 2000 euros e a publicación da obra.

O acto de entrega do premio terá lugar o 29 de maio, na Casa da Cultura de Carral, dentro da programación de Letras Galegas 2015. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, O que precede a caída é branco de Oriana Méndez. Para a publicación do libro o Concello de Carral contou coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

ULTIMOS DIAS para participar no PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2015. Remata o prazo o dia 15 de maio. Solicitudes e información sen Servizos Sociais 981613520

Curso de manipulador de alimentos no Concello de Carral en colaboración co Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio  As Mariñas, subvencionado por Deputación da Coruña.

DÍA: 11 DE XUÑO

HORA: 10.00-13.00

LUGAR: Edificio Social Toñito Espiñeira

REQUISITOS: Desempregado

Máis información e apuntarse no Edificio Social Toñito Espiñeira 981613520

Portada folleto webO Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión de onte, ven de recoñecer, autorizar e cualificar a Colección Visitable do Castro das Travesas, ubicada na Casa da Cultura.

Este equipamento cultural permite darlle difusión á interpretacion das excavacións que se levan a cabo neste castro, á vez que posibilita que os achádegos arquolóxicos permañezan en Carral para o seu estudio e conservación.

Coa oficialidade da colección visitable, a Concellería de Cultura do Concello de Carral emprenderá un programa de difusión que abrangue desde a edición de folletos, ata o deseño de programas didácticos para escolares e público en xeral.

A Colección Visitable do Castro das Travesas está aberto ao público no mesmo horario que a Casa da Cultura.