No decreto 33/2019, do 29 de xaneiro de 2019, o sr. alcalde resolveu aprobar as bases e iniciar o procedemento de contratación dun/ha traballador/a para o departamento de servizos sociais do Concello de Carral: categoría profesional de educador/a social, xornada completa, modalidade contractual de obra ou servizo determinado ata a incorporación da titular do posto.

Para participar no procedemento, segundo o recollido no punto 4 das bases, os/as interesados/as poderán facelo segundo o modelo que se achega coas bases no prazo de cinco días hábiles contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios e na web do Concello; é dicir, do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Máis información no servizo de Persoal do Concello de Carral en horario de 9 a 14 horas.

13132_bases

decreto aprobacion bases

A compañía Trinketrinke Teatro será a encargada de ofrecer unha nova sesión de animación á lectura na Biblioteca municipal. Nesta Avidanaselvaocasión o título do conto que centrará o espectáculo é “A vida na selva”. É unha sesión para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

O contacontos terá lugar o xoves 31 de xaneiro, ás 18:00 h. na Biblioteca da Casa da Cultura. O aforo é limitado e é necesario retirar previamente as entradas, que son de balde. Poden retirarse nas bibliotecas a partir do luns 28 de xaneiro.

Expo Mosteiro Sobrado 1 wA Concellería de Cultura, coa colaboración da Deputación da Coruña, ofrece unha nova exposición na sala do edificio Toñito Espiñeira. A mostra recompila en 18 paneis fotografías e textos explicativos do mosteiro de Santa María de Sobrado, que dan a coñecer a historia, valores, recursos turísticos e a reconstrución dun dos mosteiros máis singulares na provincia. A exposición trata de reflexar as actividades que se desenvolven no mosteiro como lugar de oración, acollida, atención ao peregrino, centro cultural, relixioso, de produción de bens de alimentación no traballo da comunidade, de produción artística mediante o traballo dos monxes…

Esta exposición estará aberta ao público ata o 11 de febreiro.

Cartel expo mosteiro Sobrado_w

As prazas adxudicadas ao concello de Carral serán sorteadas o vindeiro luns 14, ás 9.30  h no salón de plenos do concello. Read more

Son 50 os mozos e mozas  carraleses que poderán  patinar este sábado pola mañá no Burgo. Read more

Este sábado terá lugar a entrega dos trofeos deste torneo anual. Read more

Xabier Cid - 2018wO Concello de Carral, a través do seu departamento de Cultura, ven de convocar unha nova edición do seu premio de poesía, que está dotado con 2500 euros e a publicación da obra gañadora en Edicións Espiral Maior.

Co certame do 2019 cúmprense 22 edicións, sendo un concurso de referencia no ámbito da poesía galega.

Esta nova edición do premio contempla un prazo para presentar orixinais aberto ata o 6 de abril. Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios cun mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.

O premio entregarase o 31 de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación da edición do libro gañador da vixésima primeira edición do concurso, titulado As bicis de Xabier Cid.

Ademais do premio e da publicación do libro, o Concello de Carral segue coas actividades escolares relacionadas coa poesía, consistentes en obradoiros de escrita poética e en concursos de poemas.

Para ampliar información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580, no correo electrónico cultura@carral.es ou a través da web carral.es.

Bases 22º Premio de Poesía Concello de Carral