O Concello de Carral dá a coñecer a través de bandos municipais as axudas publicadas no Diario Oficial de Galicia do 23, 30 e 31 de decembro de 2015 para:
– renovación de ascensores existentes, cubertas con lousa e cubertas con tella cerámica, cambio de ventás e a inclusión de entidades colaboradoras.
– equipos técnicos de biomasa a particulares e para adhesión de entidades colaboradoras.
– a empresas para equipos térmicos de biomasa.
– constituír e iniciar a actividade de sociedades forestais (sofor).
– realización de podas, rareos, tratamentos fitosanitarios, etc en bosques de coníferas e frondosas.
– creación e funcionamento de grupos de traballo de investigación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.
Para máis información pode dirixirse ao servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002..