CEIP VICENTE OTERO VALCARCEL EN GALICIENCIA

Os alumnos de 6º A  do CEIP Vicente Otero Valcárcel realizaron unha investigación científica sobre unha dúbida que salíu na clase.. A súa pregunta é a seguinte:”É certo que a alimentación dos caracois inflúe na cor dos seus excrementos?” .
Traballaron durante un mes para obter as súas conclusión. Aplicaron o método científico de tal xeito que repartiron caracois en 4 terrarios e alimentarónnos con leituga, cenoria, papel branco e un prato combinado de todos os alimentos mencionados. Aplicaron esta alimentación a todos os caracois ao longo de unha semana, e fixonos rotar. Deste modo todos os caracois alimentáronse con todas as dietas. Algo importante a ter en conta era que antes de cada cambio de dieta, sometíase a todos os caracois a manter un axuno de dous días para limpar o intestino.
Preguntaredes cales foron as súas concluisóns, Pois, si, a alimentación inflúe na cor das deposisicións, os caracois alimentados con leituga , era verdosa, con cemoria, era laranxa, con papel, branquecina e o prato combinado, era grisacea.
Esta investigación foi aceptada en Galiciencia, a maior feira científica en Galicia, á cal acudiu todo o nivel de 6º do CEIP Vicente Otero Valcárcel.IMG_8641 (1) IMG_8673