CONTRATACIÓN: DOUS PEÓNS/ALBANEIS E UN OFICIAL DE 2ª/ALBANEL A TRAVÉS DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO.
O Concello de Carral, a través do Servizo Público de Emprego, vai proceder a contratar dous peóns/albaneis e un oficial de 2ª/albanel ao abeiro da axuda concedida por Resolución da Presidencia 2015/7609 da Excma. Deputación Provincial da Coruña.
A contratación deste persoal SÓ SE PODERÁ REALIZAR A TRAVÉS DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO, oficina de Monelos (A Coruña), segundo o punto 7 das bases do programa de financiamento da Excma. Deputación da Coruña.