CONTRATACIÓN DUN OFICIAL DE PRIMEIRA, UN OFICIAL DE SEGUNDA E UN PEÓN (ALBANEIS) ATA O 31 DE DECEMBRO DE 2016
O Concello de Carral abre o prazo para que todos aqueles que o desexen, ademais das persoas remitidas polo SPEG, presenten a documentación relacionada nas bases que se achegan a continuación para a futura contratación dun oficial de primeira, un oficial de segunda e un peón (albaneis) ata o 31 de decembro de 2016 (a xornada completa) ao abeiro do Programa de Integración Laboral (PIL) da Excma. Deputación da Coruña.
Para tomar parte na selección será preciso reunir os requisitos recollidos no punto 2 das bases.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 8 de agosto, incluído.
Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello ou chamar ao 981670002.