CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/HA EDUCADOR/A SOCIAL PARA O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
No decreto 33/2019, do 29 de xaneiro de 2019, o sr. alcalde resolveu aprobar as bases e iniciar o procedemento de contratación dun/ha traballador/a para o departamento de servizos sociais do Concello de Carral: categoría profesional de educador/a social, xornada completa, modalidade contractual de obra ou servizo determinado ata a incorporación da titular do posto.
Para participar no procedemento, segundo o recollido no punto 4 das bases, os/as interesados/as poderán facelo segundo o modelo que se achega coas bases no prazo de cinco días hábiles contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios e na web do Concello; é dicir, do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro.
Máis información no servizo de Persoal do Concello de Carral en horario de 9 a 14 horas.