CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL DURANTE O TEMPO DE IT DA TITULAR DO POSTO

O Concello de Carral inicia o procedemento de selección dun/ha traballador/a social para substituír a titular do posto, actualmente de baixa por IT, ao abeiro das bases aprobadas por decreto de alcaldía 319/2016, do 18 de outubro de 2016, coas seguintes características:
– xornada parcial
– 25 horas semanais, de luns a venres
– tempo de duración ata a incorporación da traballadora titular do posto.

O tempo para a presentación de instancias será de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación deste anuncio e do correspondente anuncio no taboleiro do Concello.

Para máis información poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello chamando ao 981670002.

BASES20161025142324