CURSO DE PODA DE ÁRBORES FROITEIRAS
O venres 19 de febreiro de 2016, entre as 17:00 e as 21:00 horas, e o sábado 20 de febreiro de 2016, entre as 10:00 e as 14:00 horas, terá lugar un novo curso de poda de árbores froiteiras. Todos/as os/as interesados/as poderán inscribirse ou acadar máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello (981670002) ou a través do correo maria.couto@carral.es ata o vindeiro 18 deste mes.