DECRETO DA ALCALDÍA- MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO COVID-19. REAPERTURA FEIRAS ADAPTADAS ÁS CONDICIÓNS ESTABLECIDAS LOGO DE SUPERARSE A 3º FASE DA DESESCALADA PARA A TRANSICIÓN PARA UNHA NOVA NORMALIDADE (6º DECRETO A ALCALDÍA-25 DE XUÑO DE 2020)

DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO VIRUS COVID-19 – REAPERTURA FEIRAS ADAPTADAS ÁS CONDICIÓNS ESTABLECIDAS LOGO DE SUPERARSE A 3ª FASE DA DESESCALADA  PARA A TRANSICIÓN CARA A UNHA NOVA NORMALIDADE (6º DECRETO DA ALCALDÍA-25 DE XUÑO DE 2020).

EXPEDIENTE: 2020/G003/000274

 

Logo de ditarse os meus decretos do 13 e do 16 de marzo para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19.

 

Logo de ver, asemade, o meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, ás condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia.

 

Logo de ver o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (e as súas sucesivas prórrogas, a última das cales abrangue até as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020) , en especial, o establecido no texto vixente do seu artigo 7 con respecto á limitación da liberdade de circulación das persoas.

 

O Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, preveu, no seu artigo 5, que a superación de todas as fases previstas no Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19, aprobado polo Consello de Ministros na súa reunión do 28 de abril de 2020, determinaría que quedasen sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma, segundo as decisións das Comunidades Autónomas (artigo 6) consonte criterios sanitarios e epidemiolóxicos, relativas á superación da fase III nas diferentes provincias, illas ou unidades territoriais da súa Comunidade e, polo tanto, a súa entrada na “nova normalidade”. O Consello da Xunta de Galicia apreciou, en acordo do 13 de xuño de 2020, como autoridade sanitaria, que a Comunidade Autónoma de Galicia, estaba en condicións de superar a fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19 e, o Presidente da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6.2 do Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, dispuxo formalmente, mediante o seu decreto 90/2020, do 13 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 115 Bis, desa mesma data, a superación da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19, e, polo tanto, a entrada na “nova normalidade”, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020.

 

En aplicación de todo o antedito, no Diario Oficial de Galicia nº 115, do 13 de xuño, publicouse a  resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

Logo de ver o meu decreto 261/2020, do 18 de xuño, polo que resolvín adoptar distintas medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19 superada a 3ª fase da desescalada para a transición cara a unha nova normalidade (5º decreto da alcaldía-18 de xuño de 2020).

 

Logo de ver, asemade, o escrito do 22 de xuño de 2020 remitido ao Concello pola directora xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, no que indicaba que “(…)En base a todo o anterior, e tendo en conta as demandas do sector da venda ambulante, solicítase aos Concellos a procura de opcións de organización e celebración dos mercadillos que permitan a volta do 100% dos postos e dos traballadores do sector dentro das medidas de seguridade e prevención recollidas na normativa e nas diferentes guías de boas prácticas tanto estatal como autonómica que permiten:

– A ampliación do espazo establecendo 1,5 m de distancia entre persoas e entre postos

– De non ser posible a ampliación do espazo ou o distanciamento de 1,5m entre postos, o establecemento de pantallas separadoras ou outros elementos barreira entre os postos sempre co uso de máscara por parte de vendedores e clientes. (…)”.

 

Tendo en conta a competencia do Concello en materia de mercados, segundo o establecido no artigo 80, apartado 2, letra g) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e o artigo 25, apartado 2, letra i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e, en especial, as súas letras d) e m),

 

R E S O L V O

 

1.- Proceder, dende o 28 de xuño de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), cos postos habituais que contasen coa correspondente autorización do Concello.

 

2.-A realización dos mercados quedará suxeita ás condicións establecidas na normativa aplicable e nos protocolos e guías de boas prácticas que se indican no anexo a este decreto. Aos efectos de compensar a limitación establecida no parágrafo primeiro do punto 3.8.1 da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño), de acordo co establecido no parágrafo segundo de tal precepto, o mercado realizarse nas rúas Victor Velasco (até a rotonda), Belvís (até o cruce coa rúa Méndez Búa), e aumentarase a rúa Campo da Feira (zona que se sinalizará), aos efectos de poder cumprir os requisitos de distanciamento entre postos e as condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade inter­persoal entre traballadores, clientes e viandantes.

3.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación.

4.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo  entre a poboación do municipio.

Carral, na data de sinatura dixital que figura á marxe

O ALCALDE

Francisco Javier Gestal Pose

Visto o decreto,O SECRETARIO
Diego García Doval

 

 

ANEXO

 

MERCADOS QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE NA VÍA PÚBLICA

 

Puntos 3.8 da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño)

 

3.8. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

 

1.-No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como mercadillos, non poderán superar o setenta e cinco por cento dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

 

Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación.

 

Á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesida­de, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados neles por parte dos consumidores.

 

Os concellos establecerán requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade inter­persoal entre traballadores, clientes e viandantes ou, na súa falta, será precisa a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

 

2.-Durante todo o proceso de atención ao consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal establecida entre o vendedor e o consumidor, que poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.

 

3.-Deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes, con marcas no chan ou mediante o uso de balizas, cartelaría e sinalización para aqueles casos en que sexa posible a atención individualizada de máis dun cliente ao mesmo tempo.

 

4.-Recoméndase a posta á disposición de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados nas inmedia­cións dos mercados ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública.

 

5.-Realizarase, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das insta­lacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes, especialmente mostradores e mesas ou outros elementos dos postos, anteparos, de ser o caso, teclados, terminais de pagamento, pantallas táctiles, ferramentas de traballo e outros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aqueles utilizados por máis dun traballador.

 

6.-Procurarase evitar a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes.

 

Serán de aplicación tamén as seguintes guías de boas prácticas:

 

 

Protocolo e Guía de Boas Prácticas dirixida á actividade dos mercados de venda non sedentaria aprobada polo Ministerio de Comercio, Industria e Turismo do Goberno de España

 

https://www.mincotur.gob.es/es-es/COVID-19/Documents/Protocolo_y_guia_de_buenas_practicas_dirigida_a_la_actividad_comercial.pdf

 

Entre outras cuestións, en tal documento indícase o seguinte:

 

(…) Os mercados de venda non sedentaria poderán adaptarse ou manter a súa actividade nos lugares onde habitualmente se celebren, a condición de que o espazo onde se desenvolvan permita garantir que a afluencia de persoas non supere o aforo permitido polo concello cumprindo, no seu caso, coas ordes ministeriais segundo o establecido en cada fase de desescalada e cumprir cos requisitos de distancia mínima de seguridade entre persoas. Os Concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días ou horas para o exercicio desta actividade, sempre que se cumpran as condicións de aforo e distanciamento interpersoal e entre postos “.

 

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus nos mercados de venda non sedentaria, do 16 de xuño de 2020 (ISSGA, Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, da Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia)

 

http://issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/documentacion/publicacions/GUxA_DE_RECOMENDACIxNS_PREVENTIVAS_Venda_ambulante_revisado_ISSGA.pdf

 

Entre outras cuestións, en tal documento indícase o seguinte:

 

(…) Establecerase un acceso para entrada de público e outro distinto para a saída do re-cinto.

.-Controlar o aforo máximo permitido do lugar no que se celebren para garantir a distan-cia de seguridade interpersoal.

– Os concellos establecerán requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade. A tal efecto, poderase distanciar os postos cun mínimo de 1,5 metros entre eles, salvo que teñan pantallas separadoras ou outros elementos barreira entre os postos co uso de máscara. (…)

 

 

Protocolo básico municipal de actuación nos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública (dende o 28 de xuño de 2020).

 

A).-MEDIDAS XERAIS DE PROTECCION FRENTE AO VIRUS COVID 19 EN FEIRAS E MERCADOS AO AIRE LIBRE

1.-Distancia física interpersoal de 1,5 metros (MÍNIMO)

2.- Uso de solución hidroalcóholica

3.-Limpeza e desinfección de obxectos persoais de contacto frecuente

4.-Utilización obrigatoria de mascarillas.

5.- Calquera manipulación de productos á venda realizarase con hixiene de mans e mascarilla.

 

 

B).-MEDIDAS ORGANIZATIVAS POR PARTE DO CONCELLO

1.-Colocación de cartelería das medidas hixiénico-sanitarias nas entradas da feira.

2.-Limitación da zona de feira con barreiras e dispensadores de xel hidroalcohólico na entrada.

3.-Os postos estarán distanciados entre sí polo menos 1,5 metros.

4.-Coordinación da Policía Local e Protección Civil que velarán polo cumplimento da normativa establecida.

5.-O recinto contará con colectores de lixo para os residuos propios da actividade.

 

C).-MEDIDAS OBRIGATORIAS PARA AS PERSOAS VENDEDORAS

1.-Uso de mascarilla

2.-Obrigación de contar con expendedores de xel hidroalcohólico para uso do consumidor.

3.-Colocación de cinta para manter a distancia de seguridade.

4.-Limpeza e desinfección de superficies de contacto frecuente.

5.-Únicamente os vendedores poderán tocar os productos a excepción de textil, calzado, sombreiros que deberán usar as recomendacións específicas.

6.-Evitar a manipulación simultánea de productos e cartos sen hixienizar.

7.-En caso de devolución de productos déberase realizar a desinfección mantendo en cuarentena antes de poñelos de novo en venda. Realizarase a hixiene de mans antes e despois da manipulación dos produtos.

8.-En produtos de marroquinería expoñerase unha mostra dos artigos envoltos en plástico ou film para a súa fácil desinfección unha vez finalizada a xornada.

9.-En produtos textis, expoñerase unha mostra de prendas representativas da colección e o resto de xénero estará empaquetado e gardado por tallas.

10.-Non se recomenda o uso de probadores.

11.-Na venda de prendas “a barullo” os clientes deberán usar luvas dun so uso facilitadas polo vendedor.

12.-Na realización de probas de sombreiros e accesorios de cabeza usaranse protectores plásticos dun so uso.

 

DECRETO 272-2020 Medidas COVID19 (6º decreto)