DÍA MUNDIAL DA AUGA

O Concello de Carral para conmemorar o día mundial da auga (22 de marzo) organizará unha viaxe á Casa dos Peixes, na Coruña, o vindeiro 25 de marzo. A saída está programada para as 10:30 horas e a volta para as 13:30 horas.

Animamos a todas as familias (pais, nais e nenos/as) para que nos acompañen nesta viaxe que será de balde.

Máis información e inscricións no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no 981670002 ata o 23 de marzo.