LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA A CONTRATACIÓN DUN OPERARIO DE LIMPEZA DE MONTES (APROL 2021)

Por decreto da alcaldía 306/2021, do 22 de xullo de 2021, resolveuse aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/ as presentados para a contratación laboral temporal dun operario de limpeza de montes ao amparo da subvención concedida a este Concello pola Conselleria de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural.

Outórgaselle aos interesados un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal (981670002).