O CONCELLO DE CARRAL ABRE O TERCEIRO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS MUNICIPAIS

O Concello de Carral abre o terceiro prazo de inscrición das Escolas Municipais para aquelas actividades nas que aínda quedan prazas dispoñibles.

As persoas interesadas poderán inscribirse entre o 10 e o 13 de xaneiro (ambos os dous incluídos). A matrícula pode formalizarse de maneira presencial na Casa da Cultura ou a través do correo electrónico casadacultura@carral.es. En ambos os casos, deberá cubrirse o boletín de inscrición correspondente.

PRAZAS VACANTES ESCOLAS MUNICIPAIS DE CARRAL

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN