O CONCELLO DE CARRAL ESTÁ A REALIZAR A OBRA DE MELLORA DA SEGURANZA VIARIA EN ESTRADA MUNICIPAL NO TREITO DO LUGAR DO PENEDO AO LUGAR DE LAVANDEIRA, CUNHA AXUDA DA AGADER QUE INCLÚE FINANCIAMENTO DA UNIÓN EUROPEA
O Concello de Carral está a executar a obra de “MELLORA DA SEGURANZA VIARIA EN ESTRADA MUNICIPAL NO TREITO DO LUGAR DO PENEDO AO LUGAR DE LAVANDEIRA”, cun orzamento de 37.342,68 €, e con financiamento parcial a través dunha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader (Xunta de Galicia) por importe de 30.861,72 €.
A axuda foi outorgada ao abeiro da resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan marco
de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
A axuda está integrada nun 75% por financiamento da UNIÓN EUROPEA (Feader- Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural), por importe de 23.146,29 €.
A Xunta de Galicia achega un 17,5 % da axuda (5.400,80 €) e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente o 7,5% restante (2.313,63 €).
A obra consiste na redución da altura das cunetas, coa construción de cunetas de formigón, e no pintado dos laterais para mellorar a visibilidade da estrada municipal obxecto do proxecto, no treito que vai do lugar do Penedo ao lugar de Lavandeira, na parroquia de Cañás.
Todo o cal faise público na páxina web do Concello de Carral, coma promotor da obra, en cumprimento do establecido no artigo 19.8 da devandita resolución da Agader do 19 de decembro de 2019.