PATEA CARRAL DE VISITA Á DEPURADORA DE CAÑÁS!
Nesta ocasión a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), lévavos a coñecer unha parte do noso patrimonio arquitectónico facendo unha visita á centenaria depuradora que temos no noso concello, e a facer un roteiro principalmente pola parroquia de Cañas, dentro do programa Patea Carral.
Será o día 18 de xuño, sábado, saíndo do campo da feira ás 9:30 h. e regresando arredor das 14:00 h.
Esta actividade destinada a maiores e 12 anos terá unha lonxitude de 12 km. a dificultade é baixa, e as recomendación as de sempre, auga, algo para comer, calzado axeitado, e chuvasqueiro.
O prazo para anotarse remata o xoves 16 de xuño e para elo tes que enviarnos a inscrición/autorización por Whatsapp ó 674.793.475 ou por e-mail a omix@carral.es, e que atoparás no Facebook da omix_carral, na paxina web do concello (carral.es) ou no noso Instagram, omix_carral. A patear!