PREMIO 8 DE MARZO ESPAZO DE RECOÑECEMENTO E VALOR SOCIAL ÁS MULLERES

Bases Premio 8 de marzo Espazo de Recoñecemento e valor social ás mulleres do Concello de Carral.

Poderán ser presentadas como candidatas calquera muller vinculada ao noso concello, ben sexa por nacemento ou vinculación persoal, laboral ou profesional. Pódense acreditar méritos de tipo social, laboral, solidario, familiar, de coidados, etc. que supoñan un referente para a cidadanía.
As candidaturas deberán ser presentadas ou propostas por escrito, ben por unha persoa a título individual ou a través dunha asociación ou de calquera entidade rexistrada no Rexistro Municipal de Entidades. As propostas irán
acompañadas da biografía da candidata, xustificación da proposta, así como toda a documentación que se considere xustificativa.
As candidaturas deberanse presentar no rexistro xeral do Concello de Carral.
Convocatoria Mulleres de Carral
Rexistro Xeral
Concello de Carral
Campo da Feira, s/n
15175 Carral.
O prazo de presentación de candidaturas finaliza o
14 de febreiro de 2.020 ás 23:59 horas.