A xornada Os certames de poesía como motores dunha literatura propia, que levou a cabo a Deputación da Coruña na Casa da Cultura o pasado 9 de xuño, foi a primeira ocasión que en Galicia se fixo unha análise sobre os premios poéticos. Foi unha xornada de reflexión e propostas para mellorar os concursos que fomentan a creación poética que contou coa colaboración do Concello de Carral e que estivo enmarcada nos eventos que conmemoran os 25 anos do Premio de Poesía Concello de Carral. O alcalde Javier Gestal abriu as sesións xunto a Carlos Lorenzo, técnico municipal de Cultura e comisario da xornada, e pechounas acompañado do deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.
Da xornada emanan dous documentos. O primeiro é o estudo OS CERTAMES GALEGOS DE POESÍA Unha análise de como contribúen a dinamizar a literatura no s. XXI. O segundo documento é o Decálogo para os certames galegos de poesía do segundo cuarto do s. XXI.
Con este tipo de actividades, estudos e propostas, Carral estase a converter na capital galega da poesía.