Tag Archive for: biblioteca

Xabier Cid - 2018wO Concello de Carral, a través do seu departamento de Cultura, ven de convocar unha nova edición do seu premio de poesía, que está dotado con 2500 euros e a publicación da obra gañadora en Edicións Espiral Maior.

Co certame do 2019 cúmprense 22 edicións, sendo un concurso de referencia no ámbito da poesía galega.

Esta nova edición do premio contempla un prazo para presentar orixinais aberto ata o 6 de abril. Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios cun mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.

O premio entregarase o 31 de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación da edición do libro gañador da vixésima primeira edición do concurso, titulado As bicis de Xabier Cid.

Ademais do premio e da publicación do libro, o Concello de Carral segue coas actividades escolares relacionadas coa poesía, consistentes en obradoiros de escrita poética e en concursos de poemas.

Para ampliar información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580, no correo electrónico cultura@carral.es ou a través da web carral.es.

Bases 22º Premio de Poesía Concello de Carral

O próximo xoves, 20 de decembro, Trinketrinke teatro estará na Biblioteca Municipal cun novo contacontos teatral.O Xornal-w

Aínda que habitualmente as sesión de animación á lectura se realizan o último xoves de cada mes, nesta ocasión adiantamos a nosa cita debido as vacacións de Nadal.

“O xornal de Lonxedetodo“ é o título da historia que presentará a gran Lilí Gruyère nesta sesión dirixida a nenos entre 3 e 8 anos.

Será na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura ás 18:00 horas. As entradas son limitadas e de balde polo que é necesario retiralas previamente en calquera das Bibliotecas a partir do 17 de decembro.

A concellería de deportes espera uns 50 inscritos para o torneo do 22 de decembro. Read more

TrInketrinke Teatro volve á Biblioteca Municipal, e nesta ocasión para presentar o seu  espectáculo “O pequeno circo das mans”, con Lilí Gruyère.

O contacontos está dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos e o aforo é limitado polo que é necesario recoller o convite previamente en calquera das bibliotecas.

Será o xoves 29 de novembro ás 6 da tarde na Biblioteca Pública Municipal da Casa da Cultura.

Imaxe logo Biblioteca InfantilCo comezo do curso escolar, a Biblioteca Municipal retoma as actividades de animación á lectura. Estas actividades están dirixidas a nenas de 3 a  8 anos e celébraranse como xa é habitual o último xoves de cada mes na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura, dende o mes de outubro ata o mes de maio.

As sesións de contacontos estarán a cargo, un ano máis de Trinketrinke Teatro,  uns vellos coñecidos dos nosos usuarios e comezarán o xoves día 25 de outubro ás 18:00 horas coa sesión:  “A escola de Lonxedetodo”.

O mércores 24 de outubro, Trinketrinke presentará una sesión moi especial. Nesta ocasión dirixida ós máis pequenos da casa, nenos e nenas de 0 a 3 anos: “Paxariños”, un contacontos cheo de música e cor pensado para bebés. Será o mércores 24 de outubro ás 17:00 horas na Biblioteca Infantil (Rúa do Castro)

Para asistir é necesario retirar con anterioridade a invitación nas Bibliotecas Municipais. As prazas son limitadas.

A compañía de teatro Migallas, presenta na Biblioteca infantil o seu contacontos “Os  Contos do chupete”, unha sesión dirixida ós máis pequenos da casa: bebés entre 0 e 3 Cartel Contos do Chupete Carralanos.

Nela intégranse a música en directo, a literatura infantil e a tradición oral, e os cativos acompañados dos seus pais, participarán activamente na proposta.

Será o vindeiro venres 28 de setembro ás 17:00 horas na Biblioteca Infantil (Rúa do Castro). O aforo é limitado. As entradas pódense recoller na Biblioteca Municipal (Casa da Cultura) ou na mesma Biblioteca infantil dende o luns 24 de setembro.

A concellería de deportes agarda uns 40 inscritos nesta competición que terá lugar o vindeiro 25 de agosto.  Read more

IMG_20180629_130347Como cada verán a Biblioteca sae do seu espazo habitual e pon á disposición dos usuarios das piscinas municipais o servizo de bibliopiscina.

Mediante este servizo, pretendemos achegar a todo o público lecturas amenas e refrescantes para gozar dos libros nun espazo distinto, a piscina.

Os interesados poderán ler na zona da bibliopiscina ou levar os libros para a zona de baño. Non está permitido sacalos do recinto.

O horario é de 12:00 a 21:00 horas e os libros deben ser devoltos antes da hora de peche da piscina.