AXENDA DEPORTIVA para a fin de semana en Carral:
CICLISMO – BTT:
Este domingo, ás 9.30 arranca dende o Campo da Feira a I Ruta BTT de Carral. Máis de 250 corredores participan nesta primeira proba que transcorre polos camiños forestais e estradas do Concello de Carral. Esta proba está organizada polo Btt carral e o Concello de Carral.
TIRO OLÍMPICO:
Este sábado, temos a 6ª xornada do #trofeoconcellodecarral de Tiro Olímpico, organizado polo Club De Tiro Olímpico Carral. Esta proba deportiva dispútase na cancha municipal de tiro (na Casa da Cultura) dende as 10.00 ás 13.00 e das 17.00 ás 20.00 h. A entrada é gratuíta.
PATINAXE:
Tamén este sábado, o Club Patinaxe Alquimia participa na II Fase de Categoría Rexional de Patinaxe Artística, no pavillón municipal de Milladoiro, organizado polo Club de Patinaxe Artística Omega, de Ames. O torneo comeza ás 9.00 da mañá e prolongarase ata as 21.00 h.