Carral abre este venres, 7 de xuño ás 9:00 h, o prazo de inscrición nos campamentos de verán, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata o 14 de xuño ás 12:00 h, dándolles aos veciños e veciñas a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas nalgunha/s das 9 semanas que se ofertan dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 10.00 ata as 14.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos opcionais de Madrugadores (de 7.30 a 10.00 horas) e de tempo de xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Os campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de 3 a 11anos, terán lugar ao longo de todo o verán divididos en quendas semanais (9), tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou matriculados nos centros de ensinanza de Carral:
- 1ª semana: do 1 ao 5 de xullo (120 prazas)
- 2ª semana: do 8 ao 12 de xullo (120 prazas)
- 3ª semana: do 15 ao 19 de xullo (120 prazas)
- 4ª semana: do 22 ao 26 de xullo (120 prazas)
- 5ª semana: do 29 de xullo ao 2 de agosto (120 prazas)
- 6ª semana: do 5 ao 9 de agosto (120 prazas)
- 7ª semana: do 12 ao 16 de agosto (90 prazas)
- 8ª semana: do 19 ao 23 de agosto (90 prazas)
- 9ª semana: do 26 ao 30 de agosto (90 prazas)
O prezo destes campamentos é de 30,00 €/semana, e o prezo polo uso do servizo opcional de madrugadores (7:30-10.00 h)/tempo de xantar (14:00-16:00): 9,25 €/semana.
As inscricións poden tramitarse ata o 14 de xuño. Para facelo, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumprimentar o formulario online da web municipal. Como noutras convocatorias, as persoas interesadas terán a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas por semanas soltas.