Rematado o prazo de inscrición nos CAMPAMENTOS DEPORTIVOS, expóñense publicamente ás LISTAS DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E RESERVAS POR SEMANAS coas seguintes observacións:
Os inscritos están ordenados alfabeticamente polo seu APELIDO.
As prazas adxudícanse segundo a orde de inscrición tendo preferencia aqueles nenos/as empadroados ou matriculados en centros educativos en Carral.
Para formalizar a inscrición é preciso facer o pago entre o 11 e o 17 de xuño (semanas da 1ª á 5ª) e entre o 16 e 22 de xullo (semanas da 6ª á 10) ven por transferencia bancaria ou ven mediante tarxeta bancaria na Casa da Cultura. De non facelo neste xeito o interesado perderá a praza adxudicada.
As datas nas que se levará a cabo este programa serán durante o período escolar non lectivo das vacacións de Verán: do 23 de xuño ao 29 de agosto de 2025.
O horario (luns a venres, excepto festivos) será:
Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h *
Campamentos: 10.00 a 14.00 h (horario obrigatorio dentro do campamento, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas.)
Servizo de comedor: 14.00 a 16.00 h *
*Nota. Nestes servizos contratarase unicamente o coidado e atención dos menores. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.
Este programa se desenrolará no recinto escolar do Colexio Vicente Otero Valcárcel (pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva descuberta, zona axardinada, patio escolar cuberto, comedor escolar, aula psicomotricidade).
DESTINATARIOS: Idades e grupos
Para nenos/as dende Educación Infantil (dende 3 anos) e toda a Educación Primaria.
Para formalizar a inscrición é preciso que o interesado/a non teña débedas co Concello de Carral.
Este campamento dividirase en quendas/semanas atendendo ao número de inscritos:
As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
O concello fará unha reserva de prazas dun 10% para nenos/as con NEAE, con NEE con autonomía persoal ou en risco de exclusión social, para participar nas diversas actividades propostas en cada campamento, previa valoración polo equipo técnico municipal competente.
Organizaranse os grupos por idades. Estes grupos serán o máis homoxéneos posible (permitíndose unha oscilación de 2 anos), cumprindo sempre a normativa vixente.
Os nenos/as poderán facer uso do servizo Madrugadores (7.30‐10.00 h) e Tempo de Xantar (14.00‐16.00 h) para o que deberán traer o seu propio almorzo e xantar da casa (disponse de forno microondas).
PREZOS: Cotas e xeito de pagamento.
Segundo o acordo regulador nº 1 do prezos por actividades deportivas, culturais, xuvenís e socio educativas do Concello de Carral (Epígrafe 5: Actividades durante as vacacións escolares e outras actividades), o prezo do campamento urbano será de 30 €/semana, máis 9,25 €/semana polas opcións de madrugadores e tempo de xantar:
Os importes aboados NON SE DEVOLVERÁN AGÁS CAUSAS DEBIDAMENTE XUSTIFICADAS.
As datas límites para facer os pagos serán:
Semanas da 1º á 5ª: pago entre o 11 e 18 de xuño.
Semanas da 6º á 10ª: pago entre o 16 e o 23 de xullo.
SE O INTERESADO/A NON ABOA A CANTIDADE CORRESPONDENTE ÁS SEMANAS QUE ELIXA DENTRO DO PRAZO MARCADO, PERDERÁ O DEREITO Á PRAZA RECAENDO ESTA NA SEGUINTE PERSOA NA LISTA DE AGARDA.
Formas de pago:
Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será IMPRESCINDIBLE enviar o resgardo de ingreso ao mail casadacultura@carral.es.
Con Tarxeta bancaria nas dependencias da Casa da Cultura.
Condicións de pago: O pago de cada semana elixida deberase realizar nas datas e xeitos indicados.
O Concello de Carral resultou beneficiario da subvención solicitada á Consellería de Política Social e Igualdade.
Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
Carral abre este mércores, 11 de decembroás 9:00 h, o prazo de inscrición nos campamentos de Nadal, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata o 18 de decembro ás 12.00 h, dándolles aos veciños e veciñas a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas nalgunha/s das 2 semanas que se ofertan dende o 23 de decembro ata o 3 de xaneiro.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos (10.00-14.00 h), o Concello ofrece servizos opcionais de Madrugadores (de 7.30 a 10.00 horas) e de tempo de xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Estes campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de Ed. Infantil e Ed. Primaria, levaranse a cabo durante as vacacións de Nadal en quendas semanais (2) e terán unha temática deportiva, con especial atención aos deportes de inverno e as disciplinas locais. Ofertaranse 60 prazas/semana, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.
O prezo destes campamentos é de 30,00 €/semana, e o prezo polo uso do servizo opcional de madrugadores (7:30-10.00 h)/tempo de xantar (14:00-16:00): 9,25 €/semana.
As persoas interesadas poderán tramitar a inscrición cubrindo o boletín dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cubrindo o formulario online disposto para tal fin. Como noutras convocatorias, as persoas interesadas terán a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas por semanas soltas. Máis información na Casa da Cultura de Carral – casadacultura@carral.es – 981.67.25.80.
O Concello de Carral resultou beneficiario da subvención solicitada á Consellería de Política Social e Igualdade.
Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/08/Campamentos-Deportivos-de-Nadal.jpg24801748Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-12-11 08:30:002026-02-13 19:11:19ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL
Atendendo as bases que rexen a inscrición dos campamentos deportivos do verán 2024, ábrese o SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN (DENDE AS 12.00 H DO LUNS 15 ATA AS 14:00 H DO XOVES 18 DE XULLO) para as SEMANAS NAS QUE QUEDAN PRAZAS VACANTES:
DATAS E Nº DE PRAZAS VACANTES:
– 4ª semana (do 22 ao 26 de xullo): 25 prazas
– 5ª semana (do 29 de xullo ao 2 de agosto): 25prazas
– 6ª semana (do 5 ao 9 de agosto): 7 prazas
– 7ª semana (do 12 ao 16 de agosto): 12 prazas
– 8ª semana (do 19 ao 23 de agosto): 6 prazas
– 9ª semana (do 26 ao 30 de agosto): 7 prazas
HORARIOS (luns a venres, excepto festivos):
1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h * 2. Horario campamento: 10.00 a 14.00 h, ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas. 3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *
*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.
+ 9,25 €/semana pola opción de madrugadores/tempo de xantar.
OBSERVACIÓN NA INSCRICIÓN:
1.Prazo entre o 15 (12:00 h) e o 18 (14:00 h) de xuño.
2.Prazas limitadas por semanas.
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: – Preferencia aos empadroados/as. – Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta (tendo preferencia as persoas empadroadas ou matriculadas nos Centros Educativos públicos da localidade)
XEITO DE INSCRICIÓN: – Presencialmente no Complexo Deportivo de Carral (9:00-22:00 h) cubrindo o formulario normalizado.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/06/Cartel-xeral-Final2.jpg24801748Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2024-07-15 12:02:252024-07-15 12:30:23ÁBRESE O 2º PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN
Carral abre hoxe, martes 12 de decembro, o prazo de solicitude dos campamentos de Nadal, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata as 14.00 h do 19 de decembro.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos de Mañanceiro (de 7.30 a 10.00 horas) e de Xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Estes campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas nados entre os anos 2013 e o 2020, terá unha temática deportiva, con especial atención aos deportes de inverno e as disciplinas locais. Ofertaranse 60 prazas, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.
Para inscribrise, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumplimentar o formulario online da web municipal.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/Campamentos-Deportivos-de-Nadal.jpg24801748Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2023-12-12 08:55:002023-12-12 09:05:10ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/05/Campamentos-deportivos-1.jpg24801748Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2022-06-23 13:51:092022-06-23 13:51:09INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DOS NENOS/AS DOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS
Fanse públicas as listaxes de admitidos e reservas para a primeira semana dos campamentos deportivos municipais (3ª Semana: 11 ao 15 de xullo)Read more
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/06/Campamentos-deportivos-1.jpg24801748Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2022-06-23 13:45:062022-06-23 13:45:23LISTAXE DE ADMITIDOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS (3ª SEMANA: DO 11 AO 15 DE XULLO)
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/06/Campamentos-deportivos-1.jpg24801748Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2022-06-22 15:02:332022-07-07 19:44:08LISTAXE DE ADMITIDOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS (1ª SEMANA: 27 DE XUÑO AO 1 DE XULLO)