Tag Archive for: campo da feira

Linko-277059377-largeO ciclo Noite de Película ten as súas dúas últimas proxeccións esta semana no Campo da Feira. Hoxe luns 4 de setembro proxectarase Atrapa la bandera, película española de animación que conta a historia dun rapaz disposto de viaxar á lúa para evitar as intencións dun malvado multimillonario.

Mañá martes 5 de setembro preséntase en Carral a película de ciencia ficción Linko, dirixida polo carralés Xosé Zapata, xunto a Diego Calvo e David Valero.

No caso de que a meteroloxía sexa desfavorable para proxectar no exterior, as películas trasladaríanse ao edificio social Toñito Espiñeira.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofreceu un total de seis proxeccións no programa Noite de Película, sendo a metade delas de produción galega. Para levar a cabo esta programación contouse coa colaboración da Deputación da Coruña.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral e a Deputación da Coruña dentro do seu programa Rede Cultural, ofrecen esta semana dúas novas proxeccións no ciclo Noite deEl_extraordinario_viaje_de_T_S_Spivet-358830193-large Película que ten lugar no Campo da Feira.

O xoves 31 de agosto preséntase a comedia francesa “El extraordinario viaje de T.S. Spivet”, do mesmo director da afamada “Amélie”. T.S. Spivet é un neno de 10 anos cun especial talento para os inventos. O museo Smithsonian lle comunica a concesión dun prestixioso premio pola invención da máquina do movemento perpetuo, e sen dicirllo a ninguén emprende unha viaxe cara Washington D.C.

Pola súa banda, o venres 1 de setembro ofrecerase a película de aventuras e acción “Jurassic World”, que narra o que acontece no parque temático Jurassic Park dedicado aos dinosaurios na illa de Nublar, cando un exemplar creado manipulando o seu ADN resulta ser dunha gran intelixencia e causa o terror entre os visitantes á illa.

Jurassic_World-312107728-largeAs dúas proxeccións comezarán ás 22:30 h.

O ciclo Noite de Película rematará a vindeira semana con outras dúas proxeccións o luns e o martes.

 

Cartel Vive o Camiño CarralOs actores galegos Fran Rei e Isabel Risco serán dous peregrinos do Camiño Inglés de Santiago, que chegarán a Carral o mércores 30 de agosto, as 18:30 h. No Campo da Feira presentarán unha comedia para todos os públicos no que coñeceremos as peripecias destes dous peregrinos que se dirixen a Compostela. A obra titúlase “Dous no Camiño”.

Esta función teatral inclúese no prograna Vive o Camiño que promove a Xunta de Galicia e que en Carral conta coa colaboración da Concelleria de Cultura.

No caso de que a meteoroloxía sexa desfavorable, a obra trasládarase ao edificio social Toñito Espiñeira.

Imaxen Tanxarina TitiricircusA Concellería de Cultura do Concello de Carral programa nas festas do Socorro de Carral dous espectáculos infantís. O primeiro é un concerto do grupo Mamá Cabra, no que repasará a súa traxectoria destes 15 anos de existencia da agrupación musical que é unha das máis coñecidas dos nenos galegos. Mamá Cabra actuará o sábado 5 de setembro e é un concerto incluído na Rede Cultural da Deputación.

O domingo 6 os pequenos e os maiores da familia poderán gozar dun espectáculo de títeres a cargo da compañía galega Tanxarina, que chega a Carral coa súa veterana función Titiricircus, un espectáculo que acumula 1200 representacións. Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido. Esta función está incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Ámbolos dous espectáculos terán lugar no Campo da Feira a partir das 18:00 h.

O programa Noite de Cine que promove a Deputación Provincial da Coruña e que en Carral se leva a cabo coa colaboración da Concellería de Cultura, ofrecerá dúas películas o mércores 2 de setembro.

As proxeccións realizaranse no Campo da Feira, comezando ás 21:30 h coa película Frozen: el reino del hielo, e continuando ás 23:00 h con Lo imposible.Imaxe web NOITE DE CINE 2015 .

A primeira das películas é unha produción dos estudios de Disney que acadou dous premios Oscar e que converteu aos seus personaxes Elsa, Anna e Olaf, en referentes do público infantil. Pola súa banda, Lo imposible, do director español Juan Antonio Bayona e cos actores Naomi Watts e Ewan McGregor, obtivo cinco premios Goya e foi nominada aos Oscar e aos Globos de Ouro. Este drama, baseado nun feito real, narra a historia dunha familia que viviu nas súas propias carnes o tsunami do 2004 en Tailandia.

O acceso ás películas é de balde. No caso de choiva, as proxeccións faranse na sala do edificio social Toñito Espiñeira.