O xoves 2 e venres 3 de xullo, entre as 11:30 e as 13:30 h, a OMIX de Carral, organiza no local Interxeracional, un obradoiro para aprender a facer podcast.
Nestas duas sesión, dun xeito divertido e ameno, aprenderas a gravar e editar un audio, a difundir un podcast, recibirás consellos de locución e vocalización e incluso prepararás e gravarás un micro programa, todo dunha maneira moi práctica o que fará que sexa moi entretido.
Para os/as nados/as entre 2011 e 2014 que esteades interesados/as, enviadenos a inscrición-autorización por whatsapp (674.793.475), por correo electrónico (omix@carral.es) ou presencialmente no Local Interxeracional (luns a venres de 16:30 a 19:30 h.).
Por certo! É totalmente gratuito, así que non te despistes porque as prazas son moi limitadas e son por orde de inscrición, con preferencia para os empradroados/as.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/06/imaxe-web.png5321200Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2026-06-10 17:21:542026-06-10 17:21:55APRENDE A FACER PODCAST! (versión rapazada)
Rematado o prazo de inscrición nos CAMPAMENTOS DEPORTIVOS, expóñense publicamente ás LISTAS DAS SOLICITUDES ADMITIDAS E RESERVAS POR SEMANAS coas seguintes observacións:
Os inscritos están ordenados alfabeticamente polo seu APELIDO.
As prazas adxudícanse segundo a orde de inscrición tendo preferencia aqueles nenos/as empadroados ou matriculados en centros educativos en Carral.
Para formalizar a inscrición é preciso facer o pago entre o 11 e o 17 de xuño (semanas da 1ª á 5ª) e entre o 16 e 22 de xullo (semanas da 6ª á 10) ven por transferencia bancaria ou ven mediante tarxeta bancaria na Casa da Cultura. De non facelo neste xeito o interesado perderá a praza adxudicada.
A Casa da Cultura acollerá o 5º Ciclo de Cine Documental Galego que organiza a concellería de Cultura con tres sesións de gran interese e atractivo. Todas comezarán ás 20:00 h.
A primeira das producións é Crónicas dun non, un documental que conta a historia do movemento da insubmisión, no que moitos mozos desde 1989 se negaron a realizar o Servizo Militar Obrigatorio e a Prestación Social Sustitutoria. O filme conta a historia da insubmisión en Galicia a través da experiencia persoal do seu director, Fernando Rodríguez Gómez “Peñaño”, que foi detido en 1989 pola súa negativa a incorporarse ao Servizo Militar, permaneceu en prisión preventiva, foi xulgado e condenado a un ano de cadea. É o relato dun tempo e dunha loita colectiva, cargada de inxenuidade, amor e tenacidade.
Crónicas dun non proxectarase o xoves 9 de abril e haberá un coloquio co seu director.
Un semana despois, o 16 de abril, preséntase Onde máis doe de Manane Rodríguez. Este filme trata sobre a violencia vicaria. Despois de ameazar durante anos á súa exparella, MM asasina a golpes de pa ao seu fillo de 11 anos. Un ano máis tarde, un xurado popular condénao por asasinato (matar facendo uso pleno das súas facultades mentais e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar á nai. Que move a unha persoa en pleno uso das súas facultades para matar a un fillo? Por que o feito de que unha muller non se someta e intente actuar pola súa conta pode alentar un castigo tan brutal?.
Manane Rodríguez estará presente na sesión para presentar o documentar e manter unha conversas co público asistente.
A terceira e última sesión do ciclo será o xoves 23 de abril con Basal, que é un docudisco que retrata a vida da cantautora Ugia Pedreira coñecida como A Pedreira, xunto a súa filla Lúa Awel, que ten parálise cerebral e unha relación “curiosa, expléndida e excelsa” coa música. O relato abarca desde as sesións de Feldenkrais en Donostia ata a participación de Lúa na gravación do álbum tamén chamado Basal. O documental é un relato íntimo, cargado de tenrura e paisaxes sonoras e visuais rotundas.
Este documental preséntase grazas á Deputación da Coruña.
A entrada a todas as sesións é de balde con límite na capacidade da sala.
Carral, con este ciclo consolidado na súa programación cultural municipal, estase a converter nun dos poucos puntos nos que é posible ver este tipo de producións que carecen de circuítos estables para amosalas ao público. Ademais gaña interese nun tempo no que o cine documental, tanto con longametraxes como con curtas, está sumando un gran auxe e espazo no número total de producións cinematográficas en todo o mundo.
Esta programación de cine galego documental conta coa colaboración da Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/04/Cartel-5o-Ciclo-Cine-Documental-scaled.jpg25601781Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2026-04-01 11:17:552026-04-01 11:23:06ABRIL É O MES DAS PELÍCULAS DOCUMENTAIS GALEGAS EN CARRAL
O Concello de Carral, a través da súa Concellería de Cultura, presenta unha nova programación dedicada aos máis pequenos da familia. PAPEQUES ESCENA é unha serie de espectáculos de teatro, música, danza, monicreques e narración oral que terá lugar durante catro venres consecutivos no Local Xente Nova en Tabeaio.
A programación, que comeza o 27 de febreiro, está formada polos espectáculos Comenoites (Os Náufragos Teatro), Canta miña pedra, canta (Charo Pita e Xoán Curiel), Güela güela (Galitoons / Chisco Casteleiro) e O arcón de Noa (Amarelo Cía.).
Esta é unha nova oferta que se pretende fixar no calendario cultural municipal e que é posible grazas ao programa Dinamiz-ARTj do Instituto de la Transición Justa O.A. a través da Fundación Ciudad de la Energía-CIUDEN, F.S.P., que para esta primeira edición achega tres dos catro espectáculos. Con este tipo de propostas, a Concellería de Cultura busca facilitar o achegamento dos nenos e nenas a espectáculos escénicos especialmente concibidos para estas idades, a espazos culturais menos frecuentes aprendendo a desfrutar do traballo en vivo e directo de artistas entendendo que o fan en colectividade, o que supón a adquisición de hábitos e comportamentos que enriquecerán o seu desenvolvemento social e educativo.
As datas, horarios e detalles de cada espectáculo pódense consultar premendo neste vencello.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/Imaxe-peq-papeques-escena-scaled.jpg16782560Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2026-02-19 13:59:382026-03-06 10:46:45CULTURA PRESENTA “PAPEQUES ESCENA”: UN PROGRAMA DE ARTES ESCÉNICAS PARA A INFANCIA
O Concello de Carral convoca unha nova edición do seu certame de poesía, un dos máis prestixiosos da literatura galega.
A obra gañadora será publicada en Edicións Espiral Maior e o seu autor ou autora recibirá un premio económico de 3.500 €. Os poemarios deberán estar escritos en galego, deberán ser orixinais e inéditos e ter unha unha extensión mínima de 500 versos.
O prazo límite para presentar as obras é o 20 de marzo de 2026. O xuri tomará a decisión da obra gañadora no mes de maio e o acto de entrega do premio, que ademais é o de presentación do libro Especies invasoras de Branca Trigo, que foi a vencedora na edición do pasado ano, será o venres 5 de xuño, no que será obrigatoria a presenza da persoa gañadora.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia colabora no desenvolvemento do concurso.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/02/Logo_imaxe101_Poesia_Carral.png22553489Carloshttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngCarlos2026-02-13 10:06:492026-02-13 18:45:12ÁBRESE O PRAZO PARA PRESENTAR OBRAS AO 29º PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL
– 2ª semana: do 29 de decembro ao 5 de xaneiro (60 prazas)
HORARIOS: (luns a venres, excepto festivos)
1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h * 2. Campamentos: 10.00 a 14.00 h, ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas. 3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *
*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.
LUGAR:
No recinto escolar do Colexio Vicente Otero Valcárcel – (ubicación: 43.224984, -8.354894) -; pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva descuberta, zona axardinada, patio escolar cuberto, comedor escolar, aula psicomotricidade)
DESTINATARIOS:
1. Para nenos/as dende Educación Infantil (dende 3 anos) e toda a Educación Primaria.
+ 9,25 €/semana pola opción de madrugadores/tempo de xantar.
OBSERVACIÓNS NA INSCRICIÓN:
Prazo entre o 11 (09:00 h) e o 18 de decembro (12:00 h).
Prazas limitadas (60/semana).
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS:
– Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta. – Preferencia aos empadroados/as en Carral ou matriculados nos centros educativos da localidade.
4. Publicación das listaxes: 15 de decembro (pago do 16 ao 22 de decembro)
Máis info na Casa da Cultura (981.67.25.80) ou en casadacultura@carral.es
O Concello de Carral resultou beneficiario da subvención solicitada á Consellería de Política Social e Igualdade.
Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/12/Campamentos-Deportivos-de-Nadal.jpg24801748Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2025-12-17 00:55:112026-03-06 10:51:39PUBLÍCANSE AS LISTAXES DE ADMITIDOS NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DO NADAL 2025
O Concello de Carral organiza o “Concurso de decoración de vivendas e comercios polo Nadal 2025”, unha iniciativa promovida desde a concellería de Cultura, Turismo e Comercio que ten coma fin recoñecer a creatividade das veciñas e veciños do nosos municipio ao tempo que se fomenta o espírito de Nadal e se embelece o noso municipio.
Prazo de presentación solicitude.
Desde o día seguinte da publicación das bases no BOP da Coruña ata o 15 de decembro (incluido).
Lugar de presentación.
Telemáticamente na sede electrónica do concello de Carral (dirección web)
No rexistro municipal (Casa do Concello).
Documentación.
Anexo I
Copia D.N.I
Copia D.N.I. da persoa representante se procede
Prazo presentación fotografías e/ou video.
Do 16 ó 18 de decembro.
Enviar 4 fotografías e/ou 1 vídeo a omix@carral.es.
Indicar no correo electrónico o nome do/a participante.
Máis información.
OMIX Carral (Local interxeracional. R/ Alcalde Juan Seijas, nº8, baixo) ou Casa da Cultura (r/ Paleo 17)
Teléfono e whatsapp 674.793.475 ou 981.67.25.80
Correo electrónico: omix@carrales ou casadacultura@carral.es
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/11/Imaxe-nova-web.jpg6501050Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2025-12-04 08:42:232026-02-06 15:00:59CONCURSO “DECORACIÓN DE VIVENDAS E COMERCIOS POLO NADAL 2025” DO CONCELLO DE CARRAL
A partir do vindeiro 1 de outubro arrinca o curso 2025-2026 das escolas deportivas e socio-educativas municipais.
Para outras consultas ou aclaracións, pódense poñer en contacto coa Casa da Cultura (981.67.25.80 – casadacultura@carral.es) ou no departamento de Educación (678.338.872 – educacion@carral.es).
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/08/Interior-scaled.jpg18102560Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2025-09-26 10:14:012026-02-13 18:48:37PUBLÍCANSE OS HORARIOS E DATAS DE INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E SOCIO-EDUCATIVAS MUNICIPAIS PARA O CURSO 2025-2026
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/08/Exterior-1-scaled.jpg18102560Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2025-09-18 14:56:322026-02-13 18:48:53PUBLÍCANSE AS LISTAXES, GRUPOS E HORARIOS DAS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E SOCIO-EDUCATIVAS MUNICIPAIS PARA O CURSO 25-26
• As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 12 de setembro. • Ofertaranse actividades para diferentes idades en distintas categorías: deportes e educación.
O Concello de Carral presenta a súa programación de escolas municipais que inclúe, un ano máis, diferentes actividades para todos os gustos e idades.
O período de inscricións abrirase o luns 25 de agosto ás 09:00 horas e estará activo ata as 14.00 h do 12 de setembro. Poderá pecharse antes se se completan todas as prazas das modalidades
As formacións darán comezo a primeira semana de outubro, sendo responsabilidade do alumnado informarse nas dependencias municipais das datas, horas e lugares concretos das súas actividades.
A cota xeral será de 14 euros mensuais por persoa e actividade ou de 15 euros para aquelas que inclúen tres horas semanais. O prezo da Escola de Música é de 40 euros mensuais.
Haberá bonificacións para as familias numerosas, para persoas da terceira idade ou con discapacidade e para as voluntarias de Protección Civil. Todos elas terán un desconto de tres euros ao mes por actividade.
Deportes Atletismo, patinaxe, rítmica, xogos predeportivos e judo son as modalidades ofrecidas para os máis pequenos e pequenas no pavillón do colexio durante o horario escolar.
Equitación, baloncesto e pádel serán as opcións para o público xeral.
Pola outra banda, os adultos terán á súa disposición clases de zumba e ximnasia de mantemento en todas as parroquias. Ademais, durante este curso ofreceranse, a través do departamento de Deportes, cursos de iniciación a diferentes modalidades deportivas.
Educación O CEIP Vicente Otero Valcárcel volverá contar con servizo de madrugadores, de 7:20 a 9:20 horas, e de conciliación, de luns a venres de 15:20 a 16:20 horas.
O centro acollerá tamén distintas actividades extraescolares entre as que se inclúen: robótica, debuxo e pintura, inglés, informática, baile moderno ou cociña.
Ademais, a escola municipal de música continuará coa súa formación de música e movemento nas mesmas instalacións.
Asociacións As asociacións ofrecerán diferentes opcións deportivas e culturais para os veciños e veciñas das parroquias.
O Concello de Carral resultou beneficiario da subvención solicitada á Consellería de Política Social e Igualdade.
Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).
O programa estpola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/08/Exterior-1-scaled.jpg18102560Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2025-08-23 17:40:382026-02-13 18:51:30CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS DO CURSO 2025-2026