Ao longo do verán pasado, as piscinas de municipais contaron con máis de 150 abonados e ao redor de 2.800 bañistas. Read more
Tag Archive for: Concello Carral
O prazo de inscrición estará aberto dende o 1 ao 20 de xuño, ambos incluídos.
Read morePor decreto da alcaldía nº 90/2021, do 5 de marzo, resolveuse aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados para a contratación dun traballador/a social para o departamento de Servizos Sociais do Concello de Carral a xornada completa na modalidade contractual de interinidade ata a incorporación da titular do posto. Outórgaselles ás persoas interesadas un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES (luns 8 e martes 9 de marzo de 2021) para reclamacións ou correccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento. Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002.
Manuel López Rodríguez (Noia, 1978), coa súa obra Nas pulsacións, resultou gañador do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano.
O xurado salienta neste poemario o feito de que amosa un discurso lírico sólido e inspirado, con gran riqueza léxica e con interesantes achados estilísticos.
Manuel López Rodríguez ten publicado un libro titulado Antítese nativa, así como múltiples poemas en revistas e volumes colectivos. Foi ganador dos premios Suso Vaamonde de poesía, Eduardo Pondal e López Ardeiro, entre otros.
O xurado do concurso estivo formado por Miriam Ferradáns, José Mª Paz Gago e Xurxo Alonso, coa presidencia do concelleiro de Cultura, Francisco Bello Hermida, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. Ao certame presentáronse un total de 42 poemarios.
O premio de Carral está dotado con 2500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.
O acto de entrega do premio “Concello de Carral” está previsto para o mes de setembro. O mesmo acto servirá para a presentación do poemario que gañou na pasada edición, En luz escrita de Xurxo Alonso.
Como ven sendo habitual nas últimas edicións, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Políticas Culturais para a publicación da obra premiada.
O Concello de Carral pretende celebrar un contrato menor para o servizo de avogacía e procuradoría por presuntas irregularidades cometidas con ocasión da execución do proxecto das beirarrúas da rúa Souto de Castiñeiros e, de ser o caso, representación procesual para interposición de querela por un importe máximo de 14.900 € + I.V.A desagregado da seguinte maneira:
– Estudo de expediente para valoración de posibilidade de interposición de querela
– Representación procesual, no seu caso, para interposición de querela que incluirá os servizos de procurador, e seguimento dos trámites ata a finalización do procedemento tanto sexa en fase de instrución como celebrado en xuízo oral
Co fin de proporcionar a maior publicidade posible á contratación e que poidan presentarse o maior número de candidatos interesados anúnciase a presente contratación para que os correspondentes profesionais poidan presentar as ofertas, cuxo prazo finalizará o próximo día 26 de xullo de 2020 ás 23:59 (hora peninsular), presencialmente (Rexistro municipal) ou ben telemáticamente ( Sede electrónica: https://sede.carral.es ).
Para máis información en relación ao servizo para prestar e a forma de presentación de ofertas e valoración das mesmas, existe documento redactado respecto diso que se anexa ao presente anuncio (prema aquí para acceder ao documento) ou tamén recibirán información chamando ao nº de teléfono: 981.670002 (preguntar pola concelleira de Réxime Interior: Susana Guimarey).
A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades desenvolvidas no programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, e grazas á colaboración do Concello de Carral e máis a Fundación Penzol, reabre este xoves 25 de xuño a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela”. A inauguración tivo lugar orixinalmente o martes 10 de marzo ás 13.00h no Local da Xuventude do Concello de Carral, pero apenas 2 días despois tiveron que suspernderse as visitas tras as recomendacións da Xunta de Galicia e a posterior crise sanitaria.
A exposción, con textos en galego, castelán e inglés estará aberta entre o 25 de xuño e o 12 de xullo e está destinada a todos os públicos. Debido ás medidas de seguirdade e ao control de aforo da entrada á exposición, o horario será de 10 a 13 horas, con necesidade de cita previa no teléfono 981 11 70 20 ou consultando á chegada das instalacións a posibilidade de visita atendendo ao aforo permitido.
A EXPOSICIÓN
O eixe central da mostra é a relación dos Países Escandinavos: Suecia, Noruega, Dinamarca, e os seus antigos territorios (Islandia, Illas Feroé e Orcadas), con Galicia a través Camiño de Santiago. Explica a historia e o desenvolvemento das rutas xacobeas que cara a Compostela e amosa os fitos senlleiros do seu devir, dos puntos emblemáticos da súa xeografía, urdime de pasado e presente, e do seu patrimonio material e inmaterial. Tamén quere render unha sentida homenaxe á vida e obra dos hispanistas nórdicos que alumearon o universo xacobeo e a forxa da unidade cultural europea. A exposición bota as súas raíces nos traballos do medievalista Vicente Almazán (1924-2006), e no seu amor por Galicia.
Coincidindo coa exposición, a Fundación Carlos Casares pon a disposición dos usuarios unha sección específica da páxina web da fundación que permitirá ampliar os coñecementos sobre os aspectos que se desenvolven na exposición, con textos –ademais de en galego- en castelán e inglés, con reproducción de audio nestes idiomas para a súa consulta por parte de persoas con dificultades visuais.
Tamén estará a disposición do público, especialmente o máis novo (8-14 anos), unha guía didáctica chamada “Busca-busca”, no que se deberá indagar nos paneis para obter unha resposta a certos retos presentados.
A Biblioteca da Casa da Cultura abrirá a partir do 22 de xuño con todos os seus servizos, aínda que se manteñen restricións e recomendacións para evitar os efectos do coronavirus.
Os servizos que se prestarán serán os de préstamo, lectura en sala e uso de ordenadores públicos. O horario será de 10:00 a 14:00 h. de luns a venres. A biblioteca infantil situada na rúa do Castro permanecerá pechada, pero poderase dispor do seu fondo solicitando obras na da Casa da Cultura.
O protocolo que se manterá na Biblioteca é o seguinte:
- Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
- Servizos que se ofrecen:
- Préstamo de libros e audiovisuais
- Lectura en sala
- Uso dos ordenadores públicos
- A atención ao público farase no mostrador da Biblioteca.
- O aforo queda fixado en 23 persoas.
- O uso da máscara é obrigatorio durante todo o tempo de permanencia nas instalacións da Casa da Cultura, incluída a Biblioteca.
- É obrigatorio a hixiene de mans á entrada da Biblioteca co hidroxel dispoñible no acceso.
- O préstamo farase nas seguintes condicións:
- As persoas usuarias non terán acceso directo á colección .
- Priorizarase a atención con cita previa, solicitando os exemplares desexados chamando ao 981 672 580 ou enviando un correo a biblioteca@carral.es.
- Presencialmente poderase solicitar o préstamo de exemplares. Será o persoal da Biblioteca quen se encargue da busca e entrega da obra solicitada.
- Para consultar o catálogo e dispoñibilidade de obras, accederase a https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.
- Para a devolución de libros ou audiovisuais existen as seguintes opcións:
- Pódese depositar na caixa do correo da Casa da Cultura (sinalizado como “Buzón” xunto ás portas principais) en calquera horario.
- Se non require solicitar un novo préstamo, e dentro do horario de apertura da Casa da Cultura (de 9:00 a 14:00 h.), pódese deixar no mostrador da planta baixa
- Se require solicitar un novo préstamo, pódese facer no mostrador da Biblioteca.
- A lectura nas mesas realizarase nos postos sinalados, mantendo as distancias interpersoais coas restantes persoas e evitando colocar moitos obxectos (libretas, lapis, carteiras, lentes, teléfonos, ordenadores, tabletas…) enriba das mesas.
- Recoméndase que o tempo de lectura nas mesas ou butacas non supere as dúas (2) horas.
- Poderanse usar para a lectura as butacas, sen que se poidan desprazar.
- O uso dos ordenadores públicos estará restrinxido a 30 minutos por persoa.
- Se manteñen as prohibicións de comer ou beber na Biblioteca.
- Respecte a sinalización e as indicacións das bibliotecarias.
O Concello de Carral manifesta o seu compromiso coa cultura, traballando para buscar solucións á diversa programación cultural que non se está podendo facer e a que se verá afectada a curto prazo polos efectos do coronavirus. O departamento municipal de Cultura segue a traballar na busca de alternativas para que as múltiples actividades, actos, espectáculos e eventos se adíen, mais non se cancelen. Se están manexando varias opcións para poder ofrecer á cidadanía de Carral unha completa programación, aínda coas dúbidas que existen sobre a evolución da pandemia, de cando se poderán levar a cabo este tipo de actividades, de cales serán as características dos espazos e os aforos permitidos, e de como se irá avanzando cara a normalidade que coñecíamos antes das restricións sanitarias.
Os programas máis afectados son aqueles que anualmente se manteñen nunhas mesmas datas. Son os casos do acto do Premio de Poesía Concello de Carral, as Noites de Cine, o ciclo Músicas Íntimas e dos Venres de Monólogo. Ademais están diversas actividades que se realizan nos centros de ensino, nas bibliotecas municipais, os espectáculos de teatro de outono ou os ciclos de cine na Casa da Cultura, entre moitos outros. Para todas elas estanse buscando alternativas para que se poidan levar a cabo unha vez as autoridades sanitarias autoricen facelas. Unha das opcións que se barallan é que a programación do 2020 poida estenderse ata o Entroido. Para iso tamén se está atento ás medidas que se están a adoptar desde a Xunta de Galicia ou a Deputación, xa que boa parte da programación se realiza en colaboración con estas administracións.
É inquedanza do Concello de Carral manter o nivel de actividade cultural da que se beneficia a veciñanza, á vez que mantén o apoio e compromiso coas industrias e os traballadores culturais, un sector sempre moi precarizado e que neste tempo de corentena está a sufrir unhas consecuencias económicas moi complicadas.
A Concellería de Cultura ofrece un novo obradoiro de tres horas para aprender receitas que aproveitan a moita comida que sobra durante as celebracións do Entroido.
O curso será impartido polo chef Diego Pita no Centro de Formación Antón Fraguas os días 17 e 19 de febreiro.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura.
As prazas son limitadas.
Máis de 50 chaveiros daranse cita o domingo no Campo da Feira de Carral. Read more