O estado de alarma decretado pola pandemia do coronavirus, coas recomendacións e restricións que supón, obrigan ao Concello de Carral a non levar a cabo ningún tipo de acto o 26 de abril para homenaxear o cabodano do fusilamento dos Mártires de Carral, tal e como se veu facendo desde sempre.
O Concello, en representación da cidadanía carralesa, sen ningún tipo de protocolo depositará flores no monumento que honra aos oficiais executados na Revolución de 1846.
Tag Archive for: coronavirus
Por mor da situación provocada polo coronavirus, e atendendo á D.A. 3ª.3 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 “1. Suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.”
Isto supón que a data para presentar obras ampliarase máis alá do 3 abril do 2020 fixado actualmente nas bases, notificándose a nova data límite no momento en que perda vixencia a norma citada. Asemade, a data prevista para a entrega do premio e presentación do libro gañador na anterior edición, tamén se ve afectada por esta situación, notificándose no momento oportuno a nova data para levar a cabo devandito acto.