A Biblioteca da Casa da Cultura abrirá a partir do 22 de xuño con todos os seus servizos, aínda que se manteñen restricións e recomendacións para evitar os efectos do coronavirus.
Os servizos que se prestarán serán os de préstamo, lectura en sala e uso de ordenadores públicos. O horario será de 10:00 a 14:00 h. de luns a venres. A biblioteca infantil situada na rúa do Castro permanecerá pechada, pero poderase dispor do seu fondo solicitando obras na da Casa da Cultura.
O protocolo que se manterá na Biblioteca é o seguinte:
- Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
- Servizos que se ofrecen:
- Préstamo de libros e audiovisuais
- Lectura en sala
- Uso dos ordenadores públicos
- A atención ao público farase no mostrador da Biblioteca.
- O aforo queda fixado en 23 persoas.
- O uso da máscara é obrigatorio durante todo o tempo de permanencia nas instalacións da Casa da Cultura, incluída a Biblioteca.
- É obrigatorio a hixiene de mans á entrada da Biblioteca co hidroxel dispoñible no acceso.
- O préstamo farase nas seguintes condicións:
- As persoas usuarias non terán acceso directo á colección .
- Priorizarase a atención con cita previa, solicitando os exemplares desexados chamando ao 981 672 580 ou enviando un correo a biblioteca@carral.es.
- Presencialmente poderase solicitar o préstamo de exemplares. Será o persoal da Biblioteca quen se encargue da busca e entrega da obra solicitada.
- Para consultar o catálogo e dispoñibilidade de obras, accederase a https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.
- Para a devolución de libros ou audiovisuais existen as seguintes opcións:
- Pódese depositar na caixa do correo da Casa da Cultura (sinalizado como “Buzón” xunto ás portas principais) en calquera horario.
- Se non require solicitar un novo préstamo, e dentro do horario de apertura da Casa da Cultura (de 9:00 a 14:00 h.), pódese deixar no mostrador da planta baixa
- Se require solicitar un novo préstamo, pódese facer no mostrador da Biblioteca.
- A lectura nas mesas realizarase nos postos sinalados, mantendo as distancias interpersoais coas restantes persoas e evitando colocar moitos obxectos (libretas, lapis, carteiras, lentes, teléfonos, ordenadores, tabletas…) enriba das mesas.
- Recoméndase que o tempo de lectura nas mesas ou butacas non supere as dúas (2) horas.
- Poderanse usar para a lectura as butacas, sen que se poidan desprazar.
- O uso dos ordenadores públicos estará restrinxido a 30 minutos por persoa.
- Se manteñen as prohibicións de comer ou beber na Biblioteca.
- Respecte a sinalización e as indicacións das bibliotecarias.