A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza esta fin de semana o seu ciclo Músicas Íntimas que se desenvolve na piscina municipal. Nesta edición serán os grupos Volando Libre e Black os que ofrezan os seus concertos traendo a Carral música negra, jazz, folk, bandas sonoras e outros estilos musicais.
Volando Libre está formado por tres músicos de recoñecido prestixio no eido galego, como son Alfredo Gómez Sieiro, Vadim Yukhnevich e Mauricio farán un repaso musical por múltiples músicas do mundo. O seu concerto será o sábado 3 de setembro. Pola súa banda o domingo 4 de setembro subirá ao escenario o dúo Black liderado pola vocalista Iria Mejuto, unhas das mellores voces galegas dedicadas ao soul.
As dúas actuacións terá lugar ás 22:00 h. No caso de chuvia, os concertos realizaranse na Casa da Cultura.
Os concertos están incluídos na Rede Cultural da Deputación da Coruña e en Cultura no Camiño de Agadic.
Tag Archive for: cultura no camiño
Co título de Un conto ao revés, Chuches Amil estará no Local Xente Nova ofrecendo un concerto para os máis pequenos da familia. Será ás 18:00 h.
Será un espectáculo de música lixeira e cantareira que axita os pes e os corpos dos cativos, e sorprenden a máis dun pai e dunha nai chimpando ritmicamente e bailando arredor da súa prole. Fran Amil instrumentaliza este concerto con voz e guitarra acústica en directo e con bases pregravadas.
Para asistir é necesario que os rapaces estean acompañados de adultos da súa familia e anotarse previamente chamando á Casa da Cultura ao 981 672 580. O aforo é limitado.
Esta é unha proposta musical organizada polo Concello de Carral incluída en Cultura no Camiño que promove a Xunta de Galicia.