Durante este mes de xullo foron máis de 50 os nenos e nenas participantes nestes cursos municipais.
A concellería de Deportes clausurou este xoves 31 de xullo os cursos de natación que se viñeron impartindo nas piscinas municipais durante todo o mes.
Foron un total de 54 nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, os que participaron nestes cursos estivais que se impartiron en horario de mañá de luns a venres.
Os participantes dividíronse en 3 quendas en función das súas idades, empezando a primeira quenda ás 11:45 h e terminando a última ás 14:00 h. As clases foron impartidos por monitores especialistas tendo unha duración de 45 minutos e sempre en presenza dun socorrista.
Cursos mes de agosto
Cabe destacar que este venres, dan comezo os cursos de natación do mes de agosto, nos que están inscritos un total de 63 nenos e nenas. Do mesmo xeito que no mes anterior os participantes divídense en 3 quendas en función da súa idade, establecéndose dentro de cada quenda un grupo de iniciación e outro de perfeccionamento en función do nivel de cada 1 dos alumnos.
Este curso impartirase entre o 1 e o 29 de agosto, de luns a venres e nos mesmos horarios que no mes de xullo.









