O Concello de Carral ten adxudicadas 6 prazas para a Campaña de Esquí 2025. Read more
Tag Archive for: Deputación
O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello terá tamén o seu propio programa “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”.
O prazo de preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña estará aberto ata o 28 de maio. No caso de Carral, o ente provincial oferta cinco prazas para a cuarta quenda, entre o 14 e o 19 de xullo.
O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello celebrará, este verán, os seus propios campamentos “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”. A previsión, tal e como avanza o edil, é abrir o período de inscrición para o programa a principios do mes de xuño.
Os campamentos da Deputación están dirixidos a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos e levaranse a cabo no IES Rosalía de Mera. Os rapaces e rapazas que participen na iniciativa poderán gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, dunha xornada de praia e de visitas culturais e etnográficas.
As inscricións poden tramitarse na Casa da Cultura (981 67 25 80) e no Complexo Deportivo de Carral (678 33 88 47 e en deportes@caral.es) ata o 28de maio.
O taller, que desenvolve a entidade cultural BenCuriosa, está especialmente pensado para as persoas vinculadas a asociacións e colectivos do concello.
O vindeiro 3 de marzo comeza o obradoiro Construímos un relato. Un taller que se desenvolverá integramente en liña e que ten como obxectivo facilitar un contexto de experimentación en equipo en torno á creación de contidos dixitais vinculados ao territorio e á súa veciñanza.
O obradoiro, que se inclúe no proxecto Laboratorios Dixitais de Creación Dixital, conta con financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración da área de Cultura do Concello, e é de carácter gratuíto.
Está especialmente pensado para persoas vinculadas ao tecido asociativo de Carral con interese por incorporar as posibilidades que ofrecen as canles e ferramentas dixitais ás súas entidades.
Construímos un relato ten como obxectivo que as participantes xeren contidos dixitais a partir de coñecementos, vivencias, patrimonio, veciñanza… do territorio, explorando as posibilidades que ofrecen os formatos interactivos e desenvolvendo un proxecto en común.
O obradoiro ten un enfoque práctico e combinará pequenos contidos teóricos cun acompañamento no desenvolvemento do proxecto con tres sesións en liña ás 18:30, os días 3, 10 e 24 de marzo.
Ten un máximo de 20 prazas que se adxudicarán por un criterio estritamente cronolóxico. As persoas interesadas en participar deben cumprimentar este formulario antes do 12 de febreiro.
Acción de guerrilla: crea a túa contracampaña publicitaria!
Os Laboratorios Itinerantes que desenvolve BenCuriosa ofrecen un segundo obradoiro, neste caso non só en Carral, senón que é común a todos os concellos da provincia da Coruña que participan no proxecto.
Trátase de Acción de guerrilla: crea a túa contracampaña publicitaria!, unha proposta facilitada pola produtora creativa Illa Bufarda, especialmente dirixida a persoas e entidades con espírito crítico e activista, vinculadas á sensibilización ou defensa de colectivos, espazos e contextos vulnerables.
Este obradoiro ten como obxectivo que as participantes acaden -e poñan en práctica, a través dunha acción colectiva- os coñecementos e destrezas necesarios para desenvolver unha campaña (de comunicación, divulgación, concienciación,…) en base aos criterios da contrapublicidade.
Para isto combinará dúas sesión en liña de 45’ de duración e contidos teóricos en formatos sinxelos audiovisuais, así como propostas prácticas. As participantes contarán co apoio e titorización da equipa de Illa Bufarda en todo o proceso. As datas das sesións en liña serán o 4 e o 25 de marzo ambas ás 18:30.
Igual que no caso anterior, o obradoiro ten un máximo de 20 prazas que se adxudicarán por un criterio estritamente cronolóxico. As persoas interesadas en participar deben cumprimentar este formulario antes do 12 de febreiro.
É posible inscribirse nos dous obradoiros. Se quixerades máis información, podedes dirixirvos a ola@bencuriosa.gal, onde vos aclararán o que precisedes.
O Concello de Carral ten adxudicadas 4 prazas na Campaña de Esquí 2020. Read more
A Concellería de Cultura, coa colaboración da Deputación da Coruña, ofrece unha nova exposición na sala do edificio Toñito Espiñeira. A mostra recompila en 18 paneis fotografías e textos explicativos do mosteiro de Santa María de Sobrado, que dan a coñecer a historia, valores, recursos turísticos e a reconstrución dun dos mosteiros máis singulares na provincia. A exposición trata de reflexar as actividades que se desenvolven no mosteiro como lugar de oración, acollida, atención ao peregrino, centro cultural, relixioso, de produción de bens de alimentación no traballo da comunidade, de produción artística mediante o traballo dos monxes…
Esta exposición estará aberta ao público ata o 11 de febreiro.
O Concello de Carral ten adxudicadas 4 prazas na Campaña de Esquí 2019. Read more
Mozos e mozas de Carral poderán acudir á estación invernal de Manzaneda para aprender a esquiar. Read more
A viaxe será organizado pola Deputación da Coruña para nenos de toda a provincia. Read more
El viaje será organizado por la Diputación de la Coruña para niños de toda la provincia. Read more