Podes ver o Cartel da campaña de comercio que organiza a Concellería de Educación, Traballo e Benestar do Concello de Carral en tódolos comercios que participan ou pinchando na seguinte imaxe:
A campaña consiste en que nos comercios que se compra e que formen parte da campaña ( están no cartel), se cubre un boleto ( que ten que estar selado ou asinado polo establecemento) e se inclúe no buzón que se atopa no propio comercio. Ao final da campaña, que será o día 6 de xaneiro, o concello recollerá tódalas caixas e se fará o sorteo público dos premios o día 13 de xaneiro, día de feira, as 11 da mañán no Edificio Social Toñito Espiñeira. Este ano como novidade se estableceron nas bases que os clientes premiados ou os suplentes non poderán ser gañadores de máis de un premio, e os comercios que teñen clientes premiados ou suplentes tampouco poderán saír máis dunha vez.
Para máis información no Edificio Social Toñito Espiñeira 981613520.