O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. Esta data, escollida pola UNESCO en 1995, coincide ca do pasamento dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. É unha homenaxe ós libros, pero tamén ós autores, ós editores, ós libreiros e ós lectores.
A Biblioteca Municipal, súmase a esta homenaxe, e quere achegar os libros a tódolos veciños. Por elo, dende o 16 ata o 30 de abril, todas as persoas que se acerquen ás distintas dependencias municipais: Casa do Concello, Edificio Social Toñito Espiñeira e Biblioteca Municipal, terán a ocasión de levar un libro de balde como agasallo polo Día do Libro.