A segunda sesión do ciclo de películas documentais galegas que acolle a Casa da Cultura, será presentada polos directores do documental Estruturas. Pel contra pel, Xosé Bocixa e Paco Gallego. A proxección comezará ás 20:30 h. O aforo é limitado.
Este documental analiza como ten sido a intervención do ser humano coas súas construcións na paisaxe galega e cal é o resultado que actualmente vivimos.
Unha vez finalizada a proxección do documental, os autores do filme manterán un coloquio cos espectadores.