Os mozos e mozas que teñan entre 16 e 30 anos e cumpren os requisitos que a continuación detallamos, poden achegarse ao Toñito Espiñeira (981613520) ou mandar un correo electrónico a educacion@carral.es e axudamos no trámite para formar parte do programa de Garantía Xuvenil.
As vantaxes de formar parte deste programa son:
Poder participar en programas propios de formación, subvencións por formar parte do programa se montan a súa propia empresa, ser contratados con empresas porque estas teñen incentivos por facelo…etc.
Máis información no seguinte enlace:
http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/gl/como-me-vai-axudar-a-mina-comunidade-autonoma
Estes son os requisitos que debes cumprir se queres participar no programa:
- Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Ter o empadroamento en calquera localidade do territorio nacional español.
- Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- No ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Non ter recibido accións educativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- No ter recibido accións formativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolven no marco da Garantía Xuvenil.
Infórmate e Inscríbete no 981613520