Tag Archive for: MOCI-CAMPA

Este verán volve o MOCI-CAMPA. Organizado pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil) nesta actividade poderás realizar diferentes actividades e pasar un verán divertido e diferente con xogos deportivos, excursións, saídas, obradoiros…

DATAS: Do 23 de xuño o 1 de agosto, de luns a venres (excepto festivo) de 10:30 a 13:30 h. O día de excursión (unha á semana) o horario será de 9:30 a 14:30 h. Podeste anotar a unha ou as semanas que desexes:

  • 1ª semana: 23 – 27 xuño.
  • 2ª semana: 30 xuño – 4 xullo.
  • 3ª semana: 7 – 11 xullo.
  • 4ª semana: 14 – 18 xullo.
  • 5ª semana: 21 – 24 xullo.
  • 6ª semana: 28 xullo – 1 agosto.

PARTICIPANTES: Nados entre o 2009 e 2013 con preferencia para empadroados/as ou que estean cursando os seus estudos nun centro escolar de Carral.

LUGAR: O punto de inicio e de remate da actividade será o Local Interxeracional, pero faremos as actividades por diferentes puntos do concello, e unha excursión á semana fora do municipio.

PREZO: 30 € /semana. Non facer o pago ata que se confirme a praza.

INSCRICIÓNS: Do 4 ó 11 de xuño, a través da sede electrónica (https://sede.carral.es/sxc/es/procedimientosytramites/tramites/Solicitudinscripcionactividadesconciliacion_N ou no rexistro municipal do concello. Por orde de inscrición.

MÁIS INFO: Na OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº8 baixo, Carral), no teléfono 674.793.475 (chamada ou Whatsapp) e no correo electrónico omix@carral.es.

Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) queremos repetir a experiencia do ano pasado e por iso volve MOCI-CAMPA. Obradoiros, excursións, xogos, roteiros e moitas mais actividades ó aire  libre pero tendo o Local Interxeracional coma punto de encontro, para pasar unhas mañas entretidas entre as 10:30 e as 13:30 h. (agás o día de excursión semanal que será de 9:30 a 14:30 h.)

MOCI-CAMPA, que é para rapaces e rapazas nados entre o ano 2008 e 2012, comezará o 1 de xullo e rematará o 26 do mesmo mes, e os/as interesados/as poden anotarse por semanas (1ª semana do día 1 ó 5 de xullo, 2ª do día 8 ó 12, 3ª do 15 ó 19, e a derradeira do 22 ó 26).

Podedes anotarvos entre o luns 10, a partir das 16:30 h., ata as 20:30 h. do martes 18 de xuño, As prazas son limitadas polo que terase en conta a orde de inscrición e tamen terán preferencia as/os empadroadas/os. O prezo será de 30 € por semana.

Como anotarvos? Tedes que enviarnos por correo electrónico (omix@carral.es) por whatsapp (674.793.475) ou de maneira presencial no Local Interxeracional (luns a venres de 16:30 a 20:30 h.) a folla de inscrición/autorización que atoparás aquí mesmo.