Este curso 2017/2018 temos concedidos dous obradoiros de emprego financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia no que participaráan varios municipios da área metropolitana co obxectivo de favorecer a inserción laboral.
O Obradoiro de emprego “Reserva de Biosfera Emprego Sostible”, levarase a cabo en colaboración Carral, Abegondo, Bergondo, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Betanzos . Este Obradoiro de Emprego, de nove meses de duración, levará a cabo dous cursos: “Froiticultura” e “Produción de sementes e plantas en viveiro”.
O Obradoiro de emprego “A dependencia: emprego sostible” será en colaboración Carral, Abegondo, Betanzos, Paderne, e Coirós. Realizaranse tamén dous cursos: “Promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade” e “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións”.
Estes dous obradoiros de nove meses de duración garantiranlles ao alumnado un contrato formativo e de aprendizaxe remunerada co salario mínimo interprofesional (SMI). Requisitos imprescindibles: estar desempregado e apuntarse na oficina de emprego nos obradoiros de emprego. A selección será ao longo do mes de agosto e o comezo está previsto para comezos de setembro e finalizar en maio de 2018.