A Concellería de Deportes conta con 9 clubs/escolas inscritos e ao redor de 200 deportistas.
Tag Archive for: Patinaxe
Os diferentes eventos deportivos previstos reunirán en Carral a máis de 800 deportistas.
IV Torneo de Ximnasia rítmica.
O sábado 7 de abril, celébrase no pavillón municipal do Espiño, a 4ª edición do torneo carralés de ximnasia rítmica. Este evento deportivo e de carácter competitivo, está organizado polo club X. R. Carral en colaboración co Concello.
Ao redor das 10.00 da mañá, dará comezo a competición que se desenvolverá ao longo de todo o día, con máis de 500 ximnastas divididas en 14 categorías, desde babie ata sénior. As actuacións (125 en total) distribuiranse en horario de mañá, desde as 10.00 ás 13.30 h, e pola tarde, de 16.00 a 19.30 h. Para valorar as actuacións contaremos con xuíces federadas que determinarán as campioas.
XVI Exhibición de escolas de ximnasia rítmica.
Xa o domingo pola mañá, desde as 11.00 h ata as 14.00 h, terá lugar a XVI Exhibición de Ximnasia Rítmica de Carral, organizado polo concello de Carral coa colaboración de club de ximnasia rítmica da localidade. Nesta edición participarán case 250 mozas do Colexio Mª Barbeito, Compañía de María, Oza/Cesuras, do Colexio Obradoiro, do Internacional de Eirís, a Escola Millenium e as Escolas Municipais de Abegondo e Carral. Este evento deportivo ten un carácter de mostra e exhibición a diferenza do torneo do día anterior. As idades das deportistas oscilarán entre os 3 anos das máis precoces e os 17 das máis “veteranas”. En total contaremos cun total de 54 actuacións, tanto colectivas como individuais. A longo da hora e media que durará a exhibición, as deportistas demostrarán o seu dominio nas diferentes disciplinas deste deporte; mans libres, corda, pelota, cinta, aro e mazas. Unha vez terminada a actuación faráselles entrega a todas as deportistas dunha medalla conmemorativa do certame.
III Torneo Interprovincial “Jóvenes Promesas” de tiro olímpico.
O domingo desde as 10.00 a 14.00 h celebrarase a 3ª edición do torneo interprovincial de novas promesas de tiro olímpico na galería de tiro olímpico municipal de Carral. Este torneo, organizado polo club de tiro olímpico da localidade ten como finalidade a de promocionar e difundir o deporte de tiro olímpico e con carabina entre os máis novos. Nesta 3ª edición participarán máis de 50 tiradores de todos os puntos de Galicia, e tamén Asturias e León, distribuídos nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
XVIII Exhibición de patinaxe.
Doutra banda, o departamento municipal de deportes, segue traballando na nova edición da exhibición municipal de patinaxe que terá lugar o domingo 15 de abril, tamén no pavillón municipal de Espiño. Serán ao redor de 230 patinadores os que tomarán parte neste clásico primaveral en Carral.
Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.
A Concellería de Deportes de Carral organizou a 17ª edición da viaxe á pista de xeo da Coruña. Read more
Mozos/ as da localidade carralesa participan neste xa clásica viaxe deportiva. Read more
A concellería de deportes agarda xuntar a máis de 150 patinadores nesta xornada festiva que xa tradicional no outono carralés. Read more
O prazo para inscribirse termina o venres ás 20.00 h. Read more
A Concellería de Deportes de Carral prepara para o sábado 14 de xaneiro a 16ª edición da viaxe á pista de xeo, este ano no Paseo Marítimo (xunto ao dique de abrigo). Read more
Este domingo 23 de outubro, 112 afeccionados aos patíns de toda a Comarca, gozaron en Carral de numerosas actividades. Read more
A concellería de deportes espera xuntar a máis de 150 patinadores nesta xornada festiva que xa tradicional no outono carralés. Read more
O Concello de Carral ten preparada unha nova oferta dos programas de Escolas Deportivas, Culturais, Educativas e de Benestar Social, que se iniciarán a partir do 3 de outubro e se desenvolverán ata o mes de maio.
Entre as actividades que se ofertan destacan bailes latinos, zumba, teatro, fotografía, pilates, informática para adultos, inglés, hockei, baloncesto, patinaxe, ximnasia da terceira idade, manualidades, novas tecnoloxías para maiores, teares e tapices, cociña, ximnasia rítmica, debuxo e pintura, ioga e tai chi, entre outras. A oferta faise para diferentes localidades do municipio.
Para que unha escola poida iniciar as súas clases é necesario que teñan un mínimo de 15 persoas, e algunhas delas contan cunha limitación máxima de alumnado. Estas últimas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.
Para informarse e inscribirse as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura e ao Centro Deportivo (tel. 981 672 580).
O prazo para inscribirse rematará o 1 de outubro.