A Concellería de Cultura do Concello de Carral, dentro do seu programa Teatro de Outono, ofrece o espectáculo infantil Rodarirodari (Contos do tranvía) da compañía galega Fantoches Baj, este sábado 12 de decembro, no edificio social Toñito Espiñeira, ás 18:00 h.
RodariRodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, manipulación de títeres e acompañamento musical en directo, no que se emprega o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro, chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías. O tema do xogo está presente para introducir cancións tradicionais como a do Trole, nas que o músico Carlos Quintá, irá acompañándo co seu acordeón diatónico, e o narrador Inacio Vilariño xogará coas onomatopeias producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música.
O espactáculo está recomendado para rapaces de 4 a 12 anos, e o acceso é libre ata completar o aforo. Prégase que o público sexa puntual para que unha vez iniciada a función non existan interrupcións.