Máis de 60 tiradores tomaron parte neste campionato que se prolongou durante todo o ano 2018. Read more
Tag Archive for: tiro olímpico
Este sábado terá lugar a entrega dos trofeos deste torneo anual. Read more
Os diferentes eventos deportivos previstos reunirán en Carral a máis de 800 deportistas.
IV Torneo de Ximnasia rítmica.
O sábado 7 de abril, celébrase no pavillón municipal do Espiño, a 4ª edición do torneo carralés de ximnasia rítmica. Este evento deportivo e de carácter competitivo, está organizado polo club X. R. Carral en colaboración co Concello.
Ao redor das 10.00 da mañá, dará comezo a competición que se desenvolverá ao longo de todo o día, con máis de 500 ximnastas divididas en 14 categorías, desde babie ata sénior. As actuacións (125 en total) distribuiranse en horario de mañá, desde as 10.00 ás 13.30 h, e pola tarde, de 16.00 a 19.30 h. Para valorar as actuacións contaremos con xuíces federadas que determinarán as campioas.
XVI Exhibición de escolas de ximnasia rítmica.
Xa o domingo pola mañá, desde as 11.00 h ata as 14.00 h, terá lugar a XVI Exhibición de Ximnasia Rítmica de Carral, organizado polo concello de Carral coa colaboración de club de ximnasia rítmica da localidade. Nesta edición participarán case 250 mozas do Colexio Mª Barbeito, Compañía de María, Oza/Cesuras, do Colexio Obradoiro, do Internacional de Eirís, a Escola Millenium e as Escolas Municipais de Abegondo e Carral. Este evento deportivo ten un carácter de mostra e exhibición a diferenza do torneo do día anterior. As idades das deportistas oscilarán entre os 3 anos das máis precoces e os 17 das máis “veteranas”. En total contaremos cun total de 54 actuacións, tanto colectivas como individuais. A longo da hora e media que durará a exhibición, as deportistas demostrarán o seu dominio nas diferentes disciplinas deste deporte; mans libres, corda, pelota, cinta, aro e mazas. Unha vez terminada a actuación faráselles entrega a todas as deportistas dunha medalla conmemorativa do certame.
III Torneo Interprovincial “Jóvenes Promesas” de tiro olímpico.
O domingo desde as 10.00 a 14.00 h celebrarase a 3ª edición do torneo interprovincial de novas promesas de tiro olímpico na galería de tiro olímpico municipal de Carral. Este torneo, organizado polo club de tiro olímpico da localidade ten como finalidade a de promocionar e difundir o deporte de tiro olímpico e con carabina entre os máis novos. Nesta 3ª edición participarán máis de 50 tiradores de todos os puntos de Galicia, e tamén Asturias e León, distribuídos nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.
XVIII Exhibición de patinaxe.
Doutra banda, o departamento municipal de deportes, segue traballando na nova edición da exhibición municipal de patinaxe que terá lugar o domingo 15 de abril, tamén no pavillón municipal de Espiño. Serán ao redor de 230 patinadores os que tomarán parte neste clásico primaveral en Carral.
Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.
Este sábado entregaranse os trofeos da edición 2017 e inaugurarase a décimo quinta edición. Read more
O Concello de Carral ten preparada unha nova oferta dos programas de Escolas Deportivas, Culturais, Educativas e de Benestar Social, que se iniciarán a partir do 3 de outubro e se desenvolverán ata o mes de maio.
Entre as actividades que se ofertan destacan bailes latinos, zumba, teatro, fotografía, pilates, informática para adultos, inglés, hockei, baloncesto, patinaxe, ximnasia da terceira idade, manualidades, novas tecnoloxías para maiores, teares e tapices, cociña, ximnasia rítmica, debuxo e pintura, ioga e tai chi, entre outras. A oferta faise para diferentes localidades do municipio.
Para que unha escola poida iniciar as súas clases é necesario que teñan un mínimo de 15 persoas, e algunhas delas contan cunha limitación máxima de alumnado. Estas últimas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.
Para informarse e inscribirse as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura e ao Centro Deportivo (tel. 981 672 580).
O prazo para inscribirse rematará o 1 de outubro.
Os resultado deportivos desta fin de semana quedan da seguinte forma:
MOTOR:
Os dous pilotos do Ares Racing, subiron o podio no AutoCross de Carballo esta fin de semana. Iván Ares gañou a proba seguido de Juan José Moll e Antón Muíños, que foi terceiro. Este resultado permite a Antón continuar na loita polo Campionato de España da modalidade, no que está a só 9 puntos da cabeza. Clickade aquí para ver a nova: http://www.ivanares.com/…/…300-victoria-para-ares-podium-par…
TIRO OLÍMPICO:
Esta fin de semana, os tiradores do Club De Tiro Olímpico Carral competiron no XVIII Tirada de Pistola Estándar, torneo de carácter nacional organizado polo Club de Tiro Costa Lucense (Xove-Lugo), onde Miguel Iglesias Mosquera acadou a 3ª posición na categoría sénior e José Manuel Álvarez quedou 2º na de veteranos.
FÚTBOL:
Este sábado tivo lugar a clausura da tempada 2015/2016 das escolas de fútbol da Unión Deportiva Carral. Aquí vos deixa máis información: http://www.udcarral.com/#!news/cjg9
AXENDA DEPORTIVA para a fin de semana en Carral:
CICLISMO – BTT:
Este domingo, ás 9.30 arranca dende o Campo da Feira a I Ruta BTT de Carral. Máis de 250 corredores participan nesta primeira proba que transcorre polos camiños forestais e estradas do Concello de Carral. Esta proba está organizada polo Btt carral e o Concello de Carral.
TIRO OLÍMPICO:
Este sábado, temos a 6ª xornada do #trofeoconcellodecarral de Tiro Olímpico, organizado polo Club De Tiro Olímpico Carral. Esta proba deportiva dispútase na cancha municipal de tiro (na Casa da Cultura) dende as 10.00 ás 13.00 e das 17.00 ás 20.00 h. A entrada é gratuíta.
PATINAXE:
Tamén este sábado, o Club Patinaxe Alquimia participa na II Fase de Categoría Rexional de Patinaxe Artística, no pavillón municipal de Milladoiro, organizado polo Club de Patinaxe Artística Omega, de Ames. O torneo comeza ás 9.00 da mañá e prolongarase ata as 21.00 h.
Aquí vos deixamos os resultados deportivos da fin de semana:
PATINAXE.…
sta fin de semana Enya Rodríguez acadou o SUBCAMPIONATO DE ESPAÑA DE SOLO DANZA, categoría CADETE; a primeira medalla na historia do Club Patinaxe Alquimia para esta modalidade.
MOTOR:
Antón Muíños acadou un sufrido segundo escalón do pódium en Mollerusa (Lleida) no Autocross de Ara Lleida, quedando a pouco máis de 3 segundos do primeiro clasificado, despois de ter que remontar na final. No campionato de España da modalidade mantense 3º na loita polo campionato. Aquí vos deixamos toda a información:http://www.ivanares.com/…/293-gran-segundo-puesto-para-anto….
DEPORTES TRADICIONAIS. CHAVE
Este domingo rematou o III Torneo de Chave por Parellas de Carral, organizado polo Hórreo “A casa do viño con mel”, o club de chave Ans e o #ConcelloCarral.
3º- Quique e Diego
2º- David e Alfonso
1º- José e Jonathan
Máximo Chaveiro- José (Ans)
TIRO OLÍMPICO:
O domingo, Jose Manuel Álvarez Suárez, do Club De Tiro Olímpico Carral, acadou o segundo posto este domingo no XVII Trofeo Corpus de 9mm, organizado polo Club de tiro del Real Aeroclub de Lugo.
¡NORABOA A TOD@S!
Aquí tedes as participacións deportivas desta fin de semana:
FÚTBOL:
– Achegamos o cartel dos partidos da Unión Deportiva Carral. tamén podedes acceder á súa páxina: http://www.udcarral.com/#!news/cjg9
RÍTMICA:
– Este sábado a categoría Babie do Club de Ximnasia Rítmica de Carral desprazarase a Pontedeume; na mentres que as infantís (mazas) acudiran a Pontevedra ao X torneo de As Triscas & Vila de Pontevedra.
TIRO OLÍMPICO:
– O domingo, os tiradores do Club De Tiro Olímpico Carral participarán a partir das 11.00 h, na Fase Clasificatoria do torneo autonómico de Pistola Estándar, organizado polo C.T.O. O Castro (Narón).
TIRO CON ARCO:
Este sábado, no pavillón da Sardiñeira (Coruña) terá lugar a Final da V Liga de Equipos de Tiro con Arco, na que participan e organizan os tiradores do Arqueiros Do Adarve
¡¡¡Moita sorte para @s nos@s deportistas!!!
Esta fin de semana houbo sorte dispar nos resultados deportivos dos deportistas carraleses.
MOTOR:
– Por un lado, Antón Muíños acadou unha meritoria 4ª praza no AUTOCROSS CASTELO BRANCO (Portugal). http://ivanares.net/…/286-anton-muinos-se-quedo-a-los-pies-…. …
– Iván Ares acadou o 2º posto na Subida Internacional al Fito, puntuable para o campionato de Europa e de España de Montaña. http://ivanares.net/…/285-gran-actuacion-de-ivan-ares-en-la…
– Tamén esta pasada fin de semana celebrouse o Rally Terras do Mando no Concello de Curtis no que os carraleses Francisco Garcia Caridad e Oscar Souto acadaron o 1º posto na categoría de propulsión traseira, proba puntuable para o campeonato de España de rallyes de terra.
PATINAXE:
– En canto ao patinaxe, 6 nenas do Club Patinaxe Alquimia acadaron o pase de nivel esta fin de semana no Concello de Malpica.
RÍTMICA:
– As nenas de rítmica acadaron un magnífico resultado no II Torneo Ximnasia Oroso:
As categorías alevíns escolar e infantil de promoción acadaron o 2º posto do caixón.
A categoría infantil escolar proclamáronse campioas.
En canto ás actuacións individuais, Iria Maroño e Carmela Villamarín acadaron cadansúa medalla de prata.
CHAVE
Por outra parte o fin de semana do 7 e 8 de maio o club de chave o pazo de Quembre foi campión da copa de segunda división e o club de chave Ans campión da copa da primeira división
TIRO OLÍMPICO:
– Por último, este sábado tivo lugar a 5ª xornada da Copa “Concello de Carral” de Tiro Olímpico, na que os tiradores carraleses do Club De Tiro Olímpico Carral fixeron un espléndido papel.
¡¡Parabéns a tod@s estes deportistas!!