A Concellería de Cultura do Concello de Carral presenta, dentro da súa programación para o último cuatrimestre, a segunda edición do ciclo “Venres de monólogo”. Neste ciclo terase ocasión de gozar das divertidas historias narradas polos galegos Yesica Val, Serxio Pazos e Isabel Risco.
As sesións, con acceso de balde ata completar o aforo, terán lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira de Carral, ás 21:00 h, coa seguinte programación:
– YESICA VAL co monólogo El humor desde otra visión: venres 11 de setembro
– SERXIO PAZOS co monólogo Rebento se non o conto: venres 18 de setembro
– ISABEL RISCO co seu monólogo Naviza Girl: venres 25 de setembro
Yésica Val, ou para algúns coñecida como “A Monologuista Cega”, abre o ciclo con “O humor dende outra visión”, un espectáculo cómico, crítico e atrevido que fusiona o humor negro co humor verde. Son historias da vida, relacións humanas e de parella, homes, sexo, cegueira, costumes, consumo, vicios… En definitiva, a vida cotiá. É unha función recomendada para maiores de 16 anos.