Máis de vinte persoas realizaron hoxe unha andaina por un dos treitos do Camiño Inglés de Santiago que transcorre polo municipio de Carral, co fin de reactivar esta ruta xacobea. A andaina comezou na área de descanso de peregrinos da Lameira, en Tabeaio, e rematou en Cañás
A andaina foi unha iniciativa da Asociación de Concellos do Camiño Inglés que pretende animar a peregrinar a Compostela por este roteiro, despois de que permanecera pechado pola pandemia do Covid-19. Os alcaldes da asociación participaron nun acto en Sigüeiro (Oroso), no que tamén estivo o de Carral, Javier Gestal, mentres que outros membros do equipo de goberno, coordinados pola concelleira de Turismo, Lucía Vázquez, participaron no percorrido por Carral.