Igrexa de San Pedro

igrexa-san-pedro

A igrexa de San Pedro, está situada na parroquia de San Pedro de Quembre no lugar da igrexa. Construída no século XIX, neste lugar atopábase unha capela románica. A forma da igrexa ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais. Presentando no seu exterior unha fachada sobria case totalmente encalada.

Igrexa de Santiago

A igrexa de Santiago sita na parroquia de Sumio no lugar de Cela. Construída no ano 1776 polos señores de Vilasuso. Os aspectos máis reseñables do templo son un escudo situado encima da sepultura que se conserva na igrexa e un retablo barroco da sancristía.

Igrexa de Santa Eulalia

A igrexa de Santa Eulalia está situada no lugar de Bacelo na parroquia de Cañás, representa un exemplo de arquitectura rural destacando a súa funcionalidade e sinxela decoración tanto interior como exterior. A espadame que soporta o campanario é o máis destacable.

Igrexa de San Estebo de Paleo

A igrexa de San Estebo está situada na parroquia de Paleo. Está no mesmo cemiterio de Carral, a planta é en forma de cruz latina con dúas capelas laterais, adicadas a San Xosé e ó Cristo do Consolo. Destaca o retablo de estilo rococó con columnas salomónicas e decoración vexetal. A fachada repite clásico de remate nunha espadana que serve de soporte ó campanario.

Igrexa de San Vicente de Vigo

Igrexa de San Vicente de Vigo

A igrexa de San Vicente de Vigo foi construída no século XVIII e conserva do románico un arco triunfal do século XII do mesmo xeito que o capitel, a epístola e o evanxelio. O corpo da igrexa, os muros da absida son de data posterior. Está situada no lugar de Abrigosa na parroquia de San Vicente de Vigo.

Igrexa de Beira

A parroquia de Beira ten o seu templo afastado das casas, nun alto cunha vista privilexiada do Val de Barcia, Carral, Tabeaio. Está adicada a Santa Mariña, e foi reconstruída no 1954. A reconstrución supuxo unha ampliación da igrexa, agrandando a capela principal e engadindo unha ampla sancristía na que se situou a altar barroco co que contaba a antiga igrexa. Para o novo altar constrúese un retablo barroco con columnas salomónicas.

Igresa de San Martiño de Tabeaio

A igrexa de Tabeaio, da que xa se atopan datos do 1700, conserva a súa fachada e o seu campanario en pedra, mentres que o resto do edificio foi encalado. Acolle un interesante retábulo con imaxes de San Xosé, o Sagrado Corazón de Xesús, San Martiño e San Roque.

Igrexa de San Xiao de Sergude

San Xiao de Sergude

Da igrexa de San Xiao de Sergude xa se ten coñecemento na Idade Media. Aquel edificio foi substituído polo templo que coñecemos hoxe. Tan só a súa fachada e campanario se conservan en pedra. Conta con imaxes de San Xiao, a Virxe do Carme e a Purísima. Tamén dispón de dúas imaxes de San Antonio.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta