“Os Capelos” dispón de 439.616 m2 de solo urbanizado de uso industrial e residencial para dar resposta á crecente demanda de solo dos concellos do entorno de A Coruña. Unha actuación urbanística resultado da colaboración entre o Concello de Carral e SEPES, Entidade Pública Empresarial de Solo do Ministerio de Fomento, que representa a decidida aposta que as Administracións Públicas están realizando para crear infraestructuras que posibiliten o crecemento económico de Galicia. Esta actuación dispón de 111.512 m2 de parcelas industriais con todos os requisitos para que as empresas poidan realizar as súas actividades nas millores condicións e de 70.350 m2 de solo residencial con capacidade para construír un máximo de 328 vivendas.
Un enclave estratéxico perfectamente comunicado:
- A 2 Km. de Carral e a 17 Km. de A Coruña
- A 16 Km. do porto de A Coruña
- A 7 Km. do aeroporto de A Coruña e a 30 Km. do de Santiago
- A 4 Km. do acceso á autovía A-6 E-70 A Coruña-Madrid
Empresas situadas no polígono:
[table id=1 /]
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!