O VELO DE VOLANDEIRA DO PACÍFICO, DE TERRA, GAÑADOR DO PREMIO POPULAR E PROFESIONAL NO TAPEANDO DE CARRAL
O Velo de volandeira do Pacífico, do local Terra, proclamouse vencedor por partida dobre no Tapeando Carral ao facerse co galardón ao mellor petisco tanto na votación popular como na de xurado.
No reconto da votación do público, a receita proposta por Terra obtivo un total de 90 votos, seguido polos 67 que acadou O bebedeiro sen fin, do Pincho, e os 59 da Filloa Rechea, do Bar Tropezón.
O podio do xurado profesional mantivo a mesma orde sendo o petisco de Terra o máis votado, 78 votos; o do Pincho, con 74; e o do Bar Tropezón, con 72.
Desde o Concello celebran o éxito acadado nesta edición do Tapeando Carral, e sinalan a importancia destas iniciativas para “dinamizar a actividade da nosa hostalaría, ofrecéndolle á clientela unha opción de ocio a través da gastronomía”.
BASES CARRAL 2024Click here to add your own text
[/av_textblock]