Entries by prensa

,

CARRAL INICIA AS OBRAS NO CEIP DE TABEAIO COA VISTA POSTA EN CONTINUAR MELLORANDO OS CENTROS DE ENSINANZA

O Concello continúa avanzando para mellorar as dependencias educativas do municipio. Trátase dun compromiso que quedou referendado, esta semana, co inicio de dous proxectos: as obras na Galiña Azul e o proxecto para substituír a carpintaría exterior e acondicionar o interior do CEIP de Tabeaio. Este último arrincou nos últimos días e permitirá dar resposta […]

,

O CONCELLO DE CARRAL E A U.D. CARRAL ORGANIZAN A V EDICIÓN DO TORNEO DE FÚTBOL DE VERÁN

O Concello de Carral e a Unión Deportiva Carral, celebrarán o vindeiro sábado, 8 de agosto, a V edición do Torneo de Fútbol de Verán, unha cita xa consolidada no calendario deportivo municipal de verán que reunirá no Campo do Castro, a partir das 18:00 horas, a dous equipos referentes do fútbol Coruñés. Nesta quinta edición enfrontaranse a U.D. Carral e o Atlético Coruña F.C., […]

,

Concello e Xunta axuntan esforzos para ampliar o espazo e a funcionalidade da escola A Galiña Azul

O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, visitou esta mañá, xunto ao xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade, Perfecto Rodríguez, a escola infantil pública A Galiña Azul con motivo do inicio das obras de mellora que se executarán no centro. Ao encontro asistiron tamén as concelleiras Isabel López, Cristina Casal e o […]

,

O alcalde propoñerá destinar 800.000 euros do remanente a desbloquear “proxectos estratéxicos” para Carral

O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, propoñerá no pleno ordinario de mañá, xoves 30 de xullo, destinar preto de 800.000 euros do remanente de tesourería a impulsar novos proxectos “estratéxicos” para Carral. A proposta, que ascende a 781.660,30 euros, contempla a adquisición de varias parcelas, a compra de equipamento para o Complexo Deportivo de Carral […]

,

Carral aposta pola seguridade viaria e investirá 225.000 euros para mellorar a estrada do Quenllo

O Concello de Carral publicou a licitación dun novo proxecto de mellora da seguridade viaria, neste caso na estrada do Quenllo. O obxectivo desta proposta é a restauración do pavimento, a ampliación do ancho da plataforma e o uso de cunetas de seguridade. A obra, financiada polo Plan Único da Deputación da Coruña, conta cun […]

ARRANCAN EN BEIRA LOS TRABAJOS PARA LOCALIZAR UNA DE LAS FOSAS DE LA REPRESIÓN FRANQUISTA

O cemiterio de Beira será, ata o 17 de xullo, obxecto dunha intervención arqueolóxica para determinar a localización dunha das fosas onde foron enterradas vítimas da represión franquista. O alcalde, José Luis Fernández Mouriño, e a deputada de Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra, participaron na xornada de inicio destes traballos, que contan […]

,

O CONCELLO RECUPERA OS CURSOS DE TENIS E CONSOLIDA A PRÁCTICA DO PÁDEL NA SÚA PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DE VERÁN

O Concello iniciou esta semana os cursos municipais de verán de tenis e pádel, dúas propostas incluídas no programa de promoción da práctica deportiva e do ocio saudable que se desenvolverá ao longo do mes de xullo. Pádel: a actividade rexistrou unha notable acollida entre a veciñanza, cun total de 30 persoas inscritas, distribuídas en […]