CARRAL INVOLUCRA Á CIDADANÍA NO FUTURO USO DA AMPLIACIÓN DO CAMPO DA FEIRA
Carral involucrará aos veciños e veciñas no futuro uso da ampliación do Campo da Feira. O goberno local acaba de poñer en marcha unha enquisa en liña a través da que a cidadanía poderá trasladar as súas preferencias e propostas sobre os novos servizos ou equipamentos que podería albergar este espazo tras a recente ampliación. […]


