CREADA UNHA PÁXINA DE FACEBOOK PARA AMOSAR O ARQUIVO FOTOGRÁFICO MUNICIPAL

Co mesmo título que se teñen dado ás últimas exposicións de imaxes do Arquivo Fotográfico Municipal de Carral, e que se tamén levará un libro que en breve se presentará ao público, o equipo de Cultura do Concello de Carral ven de crear unha páxina de Facebook na que darlle difusión a boa parte das fotos antigas Equipo-d- futbol-para-webque posúe.

Fotos para as mil historias de Carral é tamén unha fiestra pola que as persoas que desexen compartir este tipo de imaxes, o poidan facer e manter o espíritu colectivo que ten o arquivo, que se nutre coas fotos que cidadáns e institucións de Carral ceden para a súa dixitalización.

A través desta rede social tamén se posibilita que moitos carraleses que están espallados polo mundo poidan coñecer e lembrar as vellas estampas do municipio.

Preme aquí para ir ao Facebook de Fotos para as mil historias de Carral.