14-15 DE MAIO FESTA DO PAN DE CARRAL

Comezado o mes de marzo dende o Concello e Carral  xa comezamos coas reunións de traballo coa Asociación de panadeiros para organizar a Festa do pan de Carral que este ano se realizará os días 14 e 15 de maio de 2016.

Xa os postos da feira medieval están reservando a data para poder asistir a Carral neses días e facer desta festa un atractivo máis.

O pan de Carral, atractivo gastronómico tanto en Galicia como no resto de España merece unha atención especial. Por eso neses días haberá obradoiros de pan para os máis pequenos das familias e venda do bocadillo quente con xamón e tomate e por suposto a venta do pan de molete co seu moño e a bola.

Para máis información pódese chamar ao 981613520 ou por correo electrónico educacion@carral.es