26 DE ABRIL MÁRTIRES DE CARRAL

O  pasado 22 de abril comezaron os eventos relacionados col acontecemento sobre a Batalla de Cacheiras e os Mártires de Carral que marcaron a historia de Carral. O 22 de abril o alumnado de 2º da ESO e o profesorado do Ies de Carral acompañados de Florinda Duarte a Concelleira de Educación do Concello de Carral visitaron Cacheiras. Alí xunto o alumnado do Ies de Cacheiras e membros do Concello de Teo realizaron o percorrido a pé da Batalla de Cacheiras e a ofrenda floral ao monumento. ‪#‎mártiresdeCarral‬

O 26 de abril, data que marca a execución de Miguel Solís e os seus oficiais, o alumnado de 2ª da ESO do Ies de Carral realiza a Ruta dos Mártires finalizando a mesma cunha ofrenda floral no panteón dos Mártires. Este ano sendo o 170 aniversario realízase esta ofrenda de forma institucional dende o propio Concello e se reforza o acontecemento coa celebración do XIII Congreso de Mocidade pola Lingua polo equipo de dinamización da lingua galega do  IEs de Carral coa colaboración da Biblioteca e as concellalías de Educación e Cultura do Concello de Carral.

IMG_8761 IMG_8785 IMG_8786 IMG_8794 IMG_8799