A DEPUTACIÓN CONCEDE 15.000 € AO CONCELLO DE CARRAL PARA O MANTEMENTO DO PERSOAL DO SERVIZO DE DEPORTES

A colaboración do Ente Provincial co Concello de Carral remóntase ao ano 2002

O concello de Carral solicitou a primeiros do pasado mes de febreiro a subvención do programa provincial para concellos para o mantemento do persoal técnico no servizo municipal de deportes.

A pasada semana publicouse no boletín provincial a concesión definitiva desta axuda, onde a contía económica que recibirá o Concello de Carral ascende a 15.000 €, ao tratarse o persoal contratado dun graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte a xornada completa. Esta aportación económica destinarase ao pago de parte do salario e os custos de Seguridade Social do técnico municipal de deportes.

Por outra banda, cambe destacar que este é unha axuda que a Deputación ven concedendo aos diferentes concellos da provincia dende hai máis de dúas décadas, no caso de Carral, dende o ano 2002. Con ela preténdese a promoción do deporte, actividades e servizos á cidadanía mediante a promoción da contratación de persoal especialista neste ámbito.